O portavoz provincial, Antonio Ameijide, visitou esta área industrial xunto á alcaldesa do municipio, Dolores García
Lugo, 9 de decembro de 2025. O PP insta ao goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo a recuperar o proxecto para o acceso ao polígono industrial de Cuíña (Cervo) dende a N-642 paralizado dende o 2007. E “para coñecer os detalles de todo o procedemento iniciado no 2002 e os motivos polos que o goberno de PSOE e BNG deixou a obra a medias”, piden formalmente acceso ao expediente completo da Deputación de Lugo.
“O polígono industrial de Cuíña concentra importante actividade industrial e empresarial no municipio polo que é fundamental para o seu desenvolvemento económico”, segundo explica o portavoz, Antonio Ameijide, tras unha visita a esta área industrial xunto a representantes do goberno local encabezados pola alcaldesa, Dolores García.
A Deputación de Lugo desenvolveu obras para dotar a este parque empresarial dun acceso directo dende a N-642, pero “no 2008 o goberno provincial de PSOE e BNG resolve o contrato sen rematar a execución das obras”.
Así, os deputados populares pedirán coñecer a documentación completa en relación con este proxecto que “quedou a medias privando ao polígono dun acceso máis práctico e directo durante anos e, ademais, facendo que as inmediacións a esta área empresarial conte cun elemento sen rematar restándolle valor e creando mala imaxe”.
Os populares convidan ao goberno de PSOE e BNG a “cumprir cos veciños e veciñas de Cervo” rematando un proxecto positivo para o desenvolvemento empresarial e económico do municipio.
DIFERENTE POLÍTICA INDUSTRIAL
O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, subliña a “aposta do goberno local por captar empresas e facilitar investimentos no concello”. De feito, recentemente o Concello de Cervo aprobou os seus orzamentos municipais para o 2026 que recollen unha bonificación do 50% do ICIO “para favorecer a construción, implantación e ampliación de empresas do polígono industrial. Mentres, outras administracións o único que fan é boicotear”.
Nese sentido, o popular asegura que “a política industrial que practican PSOE e BNG xa sabemos que é a de brazos caídos. Pero é que, ademais de non mover un papel para desenvolver solo industrial en concellos onde o tiñan comprometido, tamén poñen paus nas rodas para a mellora das características dos polígonos industriais que xa están creados e que teñen unha importante actividade”.
Ameijide incide en que “non se pode entender que o goberno provincial free o desenvolvemento da provincia e, neste caso, que teña bloqueado o acceso ao polígono de Cuíña”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



