O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, visitou a Fundación Eu Son, onde puxo en valor o consumo de peixe e marisco polos seus beneficios para a saúde
Burela, 11 de decembro do 2025. A Consellería do Mar participou activamente no III Día do Orgullo Mariñeiro organizado pola Fundación Expomar, un encontro consolidado como espazo de recoñecemento á identidade mariñeira, á cultura do mar e ás persoas que sosteñen o sector pesqueiro. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, que interviu na mesa redonda A muller e o mar, puxo en valor o papel crecente das mulleres na pesca, no marisqueo e na acuicultura, e salientou que o sector “está a vivir unha transformación histórica cara a unha participación máis equilibrada e unha maior visibilidade do traballo feminino”.
A responsable autonómica recordou que Galicia conta xa con máis de 1.800 mulleres traballando en actividades estratéxicas do mar, cun crecemento destacado na pesca extractiva e unha presenza moi relevante na acuicultura, onde representan preto do 25 % do emprego total Subliñou ademais o “papel esencial” das profesionais do marisqueo, das redeiras, das empacadoras e doutras actividades tradicionalmente invisibilizadas, lembrando avances como o recoñecemento de enfermidades profesionais, a mellora dos coeficientes de xubilación ou a incorporación de medidas de conciliación laboral e familiar.
Suárez destacou que “o futuro do sector pesqueiro pasa necesariamente por atraer talento novo, por reforzar as vocacións mariñeiras e por garantir que as mulleres teñan acceso a formación, emprego de calidade e espazos de decisión”. Tamén salientou o impulso desde a Xunta ao emprendemento feminino a través dos proxectos dos GALP, con iniciativas pioneiras como Candieira ou Sisargas, que fomentan o liderado feminino, a visibilidade e o relevo xeracional no sector pesqueiro.
No marco da mesma xornada, o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, visitou o comedor da Fundación Eu Son e do CEIP Vista Alegre, onde mantivo un encontro cos responsables de ambos centros para poñer en valor o papel da alimentación mariñeira nunha dieta saudable. Rial subliñou que “o peixe e o marisco son alimentos fundamentais pola súa calidade nutricional, pola súa riqueza en proteínas, vitaminas e ácidos graxos esenciais, e pola súa importancia para o benestar das persoas”. Tamén destacou o compromiso da Consellería do Mar coa promoción do produto pesqueiro galego e coa educación alimentaria, especialmente entre a mocidade e colectivos vulnerables, reforzando o vínculo entre saúde, territorio e sustentabilidade.
Unha iniciativa consolidada
A Consellería do Mar apoia esta iniciativa consolidada na Mariña lucense e que pon o foco na identidade mariñeira, na diversidade do sector e na importancia de recoñecer o labor das mulleres e dos homes que sosteñen día a día a actividade pesqueira. Tanto Suárez como Rial coincidiron en sinalar que Galicia “segue avanzando cara a un sector máis xusto, máis sostible e máis preparado para os desafíos de futuro”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



