Cervo, 16 de decembro, 2025. A Sala de Eventos D’FABRIC, situada en San Cibrao, celebra o impulso cultural que está a vivir A Mariña, onde a iniciativa privada está a gañar peso e contribuír a unha oferta cada vez máis ampla e diversa. Desde o espazo destacan que a cultura e a música non deben depender unicamente das administracións, e reivindican o papel dos proxectos independentes na creación dun territorio vivo e dinámico.
Nesa liña, D’FABRIC transformou un local sen uso nunha sala con programación estable e ciclos dirixidos a distintos públicos. A continuación, presenta o seu calendario ata final de ano e adianta parte da oferta prevista para 2026.
Ciclo Trapallas (público infantil)
Propostas pensadas para as crianzas, con merenda incluída e actividades variadas. Tras a visita de Paco Nogueiras e Ghazafelhos, o día 26 celebrarase unha xornada de maxia co Mago Aris Villarino. En 2026 o ciclo incluirá teatro e actividades lúdicas, cun mínimo de dúas propostas mensuais.
Ciclo Directos
Concertos de música en vivo con estilos diversos. Xa pasaron pola sala Hugo Eiroá, Pantera Rosa e DKE Band (Mariña). En decembro actuarán Manopuesta (Ferrol) o día 19 e Gin Toni’s (Ourense) o día 28. Para 2026 están confirmados Punta Norte (Mañón), Correkaminos Rock Band (Navarra, con raíces en Burela), Chica Sobresalto e Griso, entre outros nomes do panorama estatal.
Ciclo Serán
O día 27 arrinca este ciclo dedicado á música e ao baile tradicional, cun primeiro serán a cargo de Carecos. Celebrarase cada dous meses.
Ciclo Monólogos
O humor chega o día 20 con Pepo Suevos, primeira cita dun ciclo que ofrecerá un monólogo ao mes.
Ciclo 2010
Pensado para a xeración máis nova, comeza o día 23 cunha festa de Reggaeton Old School.
D’FABRIC adianta que haberá máis sorpresas a medida que medre o apoio do público. O equipo lembra que programar cultura e música non sempre é doado, pero é unha aposta necesaria para situar San Cibrao e A Mariña no mapa cultural do Estado.
A sala está formada por un equipo de oito profesionais que traballan por crear unha proposta con identidade propia, diferente e en constante evolución, coa intención de seguir medrando e, no futuro, exportar o modelo a outros lugares. Un proxecto MADE IN A MARIÑA.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.


