Madrid, 17 de decembro, 2025. Na Comisión de Transformación Dixital do Senado, o Grupo Socialista manifestou o seu apoio a que o rural da provincia de Lugo dispoña canto antes de conectividade plena. Segundo expuxeron, consideran necesario que o Goberno de España manteña e reforce o esforzo realizado nos últimos sete anos.
O grupo sinalou que, ao seu xuízo, sen os sucesivos gobernos socialistas a conectividade plena de Lugo sería “unha quimera”, pero que agora está ao alcance cun último impulso por parte do Executivo. Indicaron tamén que o investimento en conectividade durante o Goberno de Mariano Rajoy foi moi reducido e que, segundo os datos que manexan, se multiplicou por oito nos sete anos posteriores. Entre 2011 e 2017, en Galicia investíronse 22,1 millóns de euros en axudas para banda ancha, mentres que entre 2018 e 2024 estas axudas ascenderon a 173,17 millóns. No caso da provincia de Lugo, corresponderon preto de 40 millóns de euros, unha cifra que, segundo destacaron, supón case o dobre do investido en toda Galicia durante os gobernos do PP.
En termos de cobertura, explicaron que Galicia pasou do 51% en 2017 a máis do 70% en 2024. Aseguraron que o avance foi notable, aínda que a dispersión xeográfica impediu completar ao 100% a extensión da fibra óptica, da internet de alta velocidade e da telefonía móbil. Por este motivo, apoiaron xunto ao resto dos grupos unha moción destinada a reforzar ao Goberno para culminar este proceso canto antes.
O Grupo Socialista subliñou que os investimentos dos últimos anos permitiron que as cidades galegas e boa parte do territorio estean xa plenamente conectados. O seu obxectivo agora é que non quede ningunha parroquia nin núcleo de poboación da provincia de Lugo sen cobertura. Afirmaron que o Goberno está disposto a completar este esforzo e que o Senado lle ofrece o seu respaldo político para facelo posible.
Segundo indicou César Mogo, para os socialistas “o importante son os intereses de Lugo”, e consideran fundamental sumar un acordo amplo arredor deste obxectivo.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



