Destacou que Galicia conta cun sistema estruturado e eficaz para protexer os recursos mariños e garantir a legalidade
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a actuación da Xunta na loita contra o furtivismo e contra a entrada de produtos do mar ilegais, salientando que Galicia conta cun modelo integral, eficaz e referente en Europa, baseado na combinación de vixilancia permanente, coordinación institucional, control da trazabilidade e accións de concienciación social.
Durante a súa intervención, Villaverde subliñou que este modelo permite actuar de maneira ordenada e continua sobre toda a cadea, desde a extracción ata a comercialización, garantindo tanto a protección dos recursos mariños como a seguridade alimentaria.
A titular de Mar puxo en valor o papel de Gardacostas de Galicia, un servizo operativo as 24 horas do día durante todo o ano, con máis de tres décadas de traxectoria, que actúa na protección dos recursos, na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e en colaboración coas forzas e corpos de seguridade. Destacou tamén os medios humanos e materiais cos que conta a Xunta, así como o investimento consolidado neste ámbito.
Villaverde salientou a estreita colaboración cos corpos e forzas de seguridade do Estado, e cos gardapescas das confrarías, no marco dunha planificación integral. Neste sentido, lembrou a existencia do Plan de Loita contra a Pesca Ilegal, en funcionamento desde 2009, como instrumento clave para a coordinación e execución sistemática dos controis.
A responsable autonómica referiuse tamén ao papel do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), como laboratorio oficial e organismo de referencia en materia de seguridade alimentaria, que mantén unha coordinación permanente con autoridades estatais e portuguesas. Os datos de inspección e análise, indicou, “avalan o rigor e a eficacia do sistema galego de control”.
Ademais, incidiu en que a libre circulación de mercadorías é un principio do mercado único europeo e que a función das administracións é garantir que os alimentos que cheguen ao mercado cumpran a legalidade e que a información ao consumidor sexa veraz. Neste marco, destacou o compromiso da Xunta coa diferenciación e posta en valor da orixe galega.
Concienciación social
Finalmente, a conselleira salientou que a loita contra o furtivismo complétase con accións de concienciación social, como as campañas desenvolvidas nos últimos anos para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias ambientais, económicas e sanitarias destas prácticas. A conselleira do Mar concluíu reiterando o compromiso do Goberno galego cunha xestión responsable dos recursos mariños, baseada na coordinación institucional, na legalidade e na defensa do futuro da xente do mar.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



