Vilalba destinou este ano 3,4 millóns de euros ao SAF, máis do 25% de todo o orzamento municipal
Vilalba, 22 de decembro de 2025. A alcaldesa do Concello de Vilalba, Marta Rouco, apoia a iniciativa anunciada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, de levar á Xunta aos tribunais “polo infrafinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)”.
“Os concellos xa non podemos máis, a situación é de asfixia económica ao ter que asumir o financiamento do servizo, unha competencia que non nos corresponde”, sostén Marta Rouco.
A Lei de Dependencia fixa as competencias do SAF nas comunidades autónomas, que deben financialo coa axuda do Goberno central. “En calquera caso, os concellos debemos xestionalo, pero non pagar o seu custo”, engade a alcaldesa.
No caso de Vilalba, o concello “destinou este ano a Axuda no Fogar máis de 3,4 millóns de euros. Conta con 140 traballadores e atende a máis de 310 veciños e veciñas de Vilalba (unhas 14.700 horas mensuais)”.
“Son cifras de investimento por habitante moi por enriba das sete grandes cidades, e na nosa provincia só a capital, Lugo, destina máis de 3,4 millóns anuais ao servizo”, lembra Marta Rouco, que considera a situación “insostible; os concellos non poderán manter o SAF se non cambian as cousas urxentemente”.
A Fegamp reclama de forma inmediata que a Xunta suba de 12 a 17 euros por hora a súa apotación ao Servizo de Axuda no Fogar. De non ser asi, levarán o caso ante a Xustiza.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



