Querido Papá Noel:
Desde o Partido Popular de Lourenzá queremos aproveitar estas datas tan sinaladas para escribirlle cunha mensaxe chea de espírito de Nadal… e tamén de esperanza para o noso concello.
Este ano pedímoslle, por favor, que lle traia aos gobernantes socialistas do Concello de Lourenzá algo tan necesario como ganas de traballar, de escoitar aos veciños e de atender as necesidades reais do noso pobo e das nosas parroquias.
Pedímoslle que no saco veñan, entre outras cousas:
. A reposición das farolas e das luces que faltan tanto no casco urbano como nas parroquias, porque a seguridade e a dignidade das nosas rúas non poden quedar a escuras.
. Unha limpeza adecuada das rúas e dos contedores de lixo, que levan tempo pedindo atención.
. O arranxo da estrada municipal que vai de Lourenzá a San Xusto, fundamental para que os veciños poidan desprazarse con seguridade e para que a xente siga vindo facer as súas compras a Lourenzá, mantendo vivo o noso comercio local.
. A tan merecida comida para os nosos maiores, que o ano pasado xa foron castigados quedando sen ela, algo que non debería volver repetirse nunca máis.
. Actividades no pobo e nas parroquias, tanto de exercicio físico como de memoria, para mellorar a calidade de vida dos veciños e combater o illamento.
E, por suposto, que non se esquezan dos pagos pendentes a algúns traballadores do Concello e algún provedor, que cremos están no seu lexítimo dereito a cobrar polo traballo realizado e polos servizos prestados.
. Tamén lles agradeceríamos que revisen o asunto das multas que recibe o Concello, porque convén lembrar que quen as acaba pagando somos todos os veciños, uns cartos que estarían moito mellor investidos en cubrir as necesidades reais de Lourenzá.
. Que impulsen medidas destinadas a apoiar o noso ámbito industrial e mercantil, dado que, como é evidente, a actividade empresarial e comercial vén diminuíndo progresivamente.
. Fomentar tamén o asentamento de poboación, aspecto fundamental para garantir o crecemento e o desenvolvemento do concello.
Non pedimos luxos nin promesas baleiras, só xestión, responsabilidade e respecto polos veciños de Lourenzá.
Oxalá este novo ano traia máis traballo feito e menos escusas. Máis atención ao rural e menos abandono. Máis feitos e menos palabras. Porque a paciencia dos veciños non é infinita nin renovable cada Nadal.
Desde o Partido Popular de Lourenzá, desexámosvos un Bo Nadal e un Feliz Ano Novo. Oxalá que veña con cambios reais.
Concelleiros do Grupo Municipal do PP de Lourenzá
Roberto Díaz
Sandra G. Maradona
Reme Gallo



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



