Iria Castro: “A sucesión dos feitos demostra que a Xunta non ten un interese xenuíno na salvagarda da Torre”
Lugo, 20 de decembro de 2025. O Xulgado da á Xunta de Galicia un novo prazo de cinco días para manifestarse en relación co acordo proposto pola Deputación de Lugo en relación coa propiedade da Torre de Caldaloba.
O pasado 16 de abril -case tres anos despois de que a área de Cultura comprara a parte fundamental da parcela na que se ubica a Torre a un propietario particular – a Xunta de Galicia iniciou unha demanda contra a institución provincial pola propiedade dos terreos.
Co obxectivo de resolver da forma máis rápida posible a situación e priorizar a restauración do ben patrimonial, o 14 de outubro, na audiencia previa ao xuízo, a Deputación de Lugo solicitou a suspensión do procedemento de demanda e o inicio dunha negociación para acadar un acordo.
A proposta de acordo realizada pola Deputación de Lugo pide á Xunta de Galicia que se comprometa a garantir e facer efectiva a protección, conservación, restauración e consolidación da Torre de Caldaloba, preservando o seu valor histórico e arqueolóxico, e que abone á institución provincial o prezo de adquisición do ben -106.000 euros – así como os gastos de taxación, medición, rexistro e notaría.
A asesoría xurídica da Deputación de Lugo recibiu onte unha comunicación do Xulgado na que se constata que a Xunta de Galicia “non presentou ningún escrito en relación co acordo presentado pola Deputación de Lugo” e establece “un novo prazo de cinco días para que manifeste ou non a súa conformidade”.
A deputada de Cultura Iria Castro lamentou que “a Xunta de Galicia siga bloqueando a protección de Caldaloba. A sucesión dos feitos demostra que non ten un interese xenuino na conservación da Torre. Abandonárona durante dúas décadas, desde que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mercou unha parte, en 2022, dedicáronse a bloquear os proxectos de restauración negando as autorizacions para intervir, en abril pasado sacaron da manga unha demanda xudicial pola propiedade e agora non responden á proposta de acordo presentada ante o Xulgado”, concluíu.



















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



