Sábado 20 de decembro, campaña do Nadal. Paso por casualidade diante dun Centro Comercial, o Eroski de Vegalsa en Ribadeo. Si, xa sei que non se soe pasar por diante dos centros comerciais de casualidade e menos no Nadal, pero así foi. Vexo dúas ou tres bandeiras e unhas 20 persoas na súa veciñanza, no aparcamento diante da entrada, entre os coches. Achégome. Pregunto. Folga. Voume cunha folleto informativo á que lle boto unha ollada. Continúo camiño. Pensando.
Unha folga prexudica. Claro! Neste caso, pobres compradores, que non poden comprar ó ritmo que pensaban. E pobre empresa, que ó mellor non dá vendido todo o que quería. As traballadoras (hai maioría de mulleres) están divididas: o centro segue funcionando, aínda que supoño que as colas nas caixas serán maiúsculas (non ía mercar, non fun comprobalo). Ó mellor me equivoco, e o que quedou desocupado é a reposición á espera de que as folguistas retomen ó traballo, os temidos estantes baleiros que non permiten ter todo a man…
Un pouco máis tarde infórmome polo xornal que outra cadea de tendas rival, neste caso Mercadona, remata de subir por sorpresa o número de días de vacacións (7 días máis, isto é máis dun 20% máis) e unha paga máis ó ano (ou sexa, cousa do 8 % máis). Non sei se foi só cousa da empresa, sen batallar coas empregadas… Máis tarde aínda, día seguinte, miro os xornais en papel (sección A Mariña) para ter unha referencia á folga. Non a atopo. Debín de procurar mal. De feito, un amigo indicoume despois que si saíra, en pequeno…
Outro día máis, e atopo nun xornal en liña unha referencia xenérica ó problema, referíndose á sobrecarga de traballo, ós horarios longos e ó traballo dos domingos que se manifesta no comercio nestas datas. O que di non se corresponde exactamente co folleto que recollín das folguistas de Ribadeo, pero solápase co alí exposto. Asemade, atopo a referencia a unha folga nun centro de Amazon en Galicia, ó fin, tamén relacionado co comercio, aínda que sexa por outra vía, e que se fai máis chamativo por estar en alza o comercio electrónico. Quizais tamén máis chamativo por ter as furgonetas que saíron do almacén a protección policial… e por saír nos papeis.
Folga. Acepción cuarta e última no dicionario da RAG: “Interrupción voluntaria e colectiva do traballo, realizada como medida de presión para obter melloras laborais ou doutro tipo”. Acepción primeira: “Situación do que non realiza ningunha actividade ou do que descansa no traballo”. Certamente, a folga do título non corresponde á primeira acepción, senón á cuarta. Estamos en tempo de Nadal, relacionado co folgar sen preocupación, non co exercer dereito á folga laboral. Pode que por iso, sobre todo se te afecta como consumidor, resulte rara unha folga no Nadal. Pode tamén que o da folga sexa só algo que vai de si cun tempo no que ata o folgar non se concibe ben sen consumir.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



