Lourenzá, 31 de decembro de 2025. A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora fixemos ese carrusel. Tamén incluímos un leiteiro que está nunha bicicleta cos cántaros do leite, como antigamente. Outra novidade é que puxemos no quiosco a aldea dos gnomos”.
A rexedora municipal destaca que para Lourenzá “supón un reclamo turísticos nestas datas, sobre todo durante o Nadal, cando non hai tanto visitante como noutras épocas do ano. Pero agora xa é algo recoñecido, a xente sabe que está aí e cada ano son máis as persoas, sobre todo familias con nenos, que se achegan a visitalo. Xa veñen coa ilusión de ver que cousas novas hai este ano e os nenos son os que máis se acordan de todo o que hai porque ademais son os que identifican as novidades de cada edición”.
A alcaldesa destaca “o traballo, o esforzo e a colaboración que hai detrás de todo isto. Unha vez que está colocado vese moi bonito, pero é un labor que leva moito tempo facelo, que se realiza nas naves do Concello; desde que remata a Festa da Faba, que é a primeira fin de semana de outubro, xa nos poñemos a traballar. Entre a xente que colabora estamos os concelleiros e eu mesma, que pintamos, cortamos e todo; tamén participan empregados municipais e algún veciño que nos vén axudar. Hai detrás disto moito traballo, non só para a montaxe de todo o que se ve senón tamén para a elaboración de todas as pezas”.
Rocío López anima a todos a que veñan visitalo, aínda que xa o viran outros anos, porque “nesta edición quixemos darlle un cambio a todo para facelo diferente. Entón aínda que moitas pezas son de anos anteriores están colocadas de xeito distinto, co cal cando a xente chega aquí ten a percepción de que está diferente. Dinnos que a situación deste ano é moito máis acolledora, está todo máis disperso”.
A Vila de Nadal poderá visitarse en Vilanova de Lourenzá ata o día 11 de xaneiro.
Ademais Concello de Lourenzá ampliou a decoración de Nadal ás parroquias, “o que é difícil porque hai moita extensión, pero intentamos que teñan tamén algo. E neste ano instalouse en cada parroquia -Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo- unha decoración con iluminación que representa uns agasallos. E ademais na entrada do pobo puxemos o trineo de Papá Noel”, rematou a alcaldesa.























O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



