O venres 26 de decembro deliberouse o II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, organizado polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. O veredicto do xurado deu como gañador ao escrito Luís Rei Núñez, quen foi distinguido pola súa obra Elas dúas
Mondoñedo, 26 de decembro, 2025. O xurado do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela, constituído por Ánxela Gracián, Rosalía Morlán, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, aos que se sumou como secretario con voz e sen voto Alberto García Fernández, concelleiro de Cultura do Concello de Mondoñedo, reuniuse no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, na tarde do 26 de decembro de 2025 para deliberar este certame de convocatoria bianual.
Logo da pertinente deliberación, o xurado decidiu outorgar por unanimidade o premio ao orixinal presentado baixo o lema Escola Normal. Aberta a plica, o texto resultou titularse Elas dúas e ser da autoría de Luís Rei Núñez.
O xurado destacou en Elas dúas a forza narrativa amosada para reconstruír de xeito maxistral a Pontevedra de mediados do século XX, na que medra unha apaixonante historia de amor entre dúas mulleres que viven a súa relación alén das convencións sociais da época.
Narrada con impecable oficio, este vívido retablo de personaxes sostén un relato no que o valor da amizade, a importancia da formación, a necesidade da raiceira familiar e, sobre todo, a luz do amor conforman un mapamundi de afectos e vivencias que converten estas páxinas nun admirable retrato do seu tempo e de todo tempo.
O xurado significou e agradeceu o esforzo tanto do Concello de Mondoñedo como da Casa Museo Álvaro Cunqueiro na convocatoria deste premio, que gozou dunha alta participación, con corenta orixinais presentados a concurso. Así mesmo, o xurado deu as grazas polo seu apoio á Editorial Galaxia, responsable da publicación da obra gañadora, e á Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pola súa axuda en concepto de patrocinio.
Ao longo do primeiro trimestre do 2026 terá lugar en Mondoñedo a cerimonia de entrega do galardón a Luís Rei Núñez, quen recibirá entón o primeiro exemplar da obra publicada pola Editorial Galaxia.
Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é un dos máis destacados escritores e xornalistas galegos das últimas décadas. Como xornalista desempeñou boa parte da súa traxectoria profesional na TVG, onde foi Xefe da Sección de Cultura durante varios anos.
Poeta e ensaísta, como narrador é autor dunha ducia de novelas, entre as que salientan algún dos títulos máis importantes do último cuarto de século, como Expediente Artieda (2000), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007), Monte Louro (2009), obras polas que recibiu galardóns como o Premio Xerais, o Premio da Crítica ou o Premio Blanco Amor, entre outros.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



