O BNG advirte que a opacidade é a norma nos procesos de selección de persoal
Riotorto, 29 de decembro de 2025. O Concello de Riotorto publicou o pasado sábado no Boletín Oficial da Provincia unha convocatoria para a selección dun traballador ou traballadora social por un ano, para cubrir unha excedencia. Esta oferta de emprego foi publicada polo goberno de Clemente Iglesias con só cinco días naturais de prazo para presentar candidaturas, dous dos cales son festivos: onte, domingo 28 de decembro, e o vindeiro xoves, día de Aninovo.
Esta convocatoria, pola porta de atrás, en pleno Nadal e cun escaso prazo para concorrer, é unha mostra máis da falta de transparencia e publicidade coa que se realizan as seleccións de persoal no Concello de Riotorto que, como noutras ocasións, non fixo ningún tipo de difusión convocatoria nas súas redes sociais, nin en ningunha outra canle de comunicación coa veciñanza.
O BNG amosa a súa preocupación por esta opacidade, máis cando se trata dun posto tan relevante como o de traballador ou traballadora social, que xestiona, entre outros, o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), esencial para unha atención axeitada aos nosos veciños e veciñas maiores e dependentes.
A portavoz do Bloque de Riotorto, Vanesa Gómez, sostén que “é evidente que Clemente Iglesias non quere facilitar a participación nesta convocatoria. Este tipo de prácticas definen a maneira que ten o PP de Riotorto de entender a xestión do persoal municipal e os propios servicios sociais, que utiliza de xeito habitual como unha ferramenta de control da veciñanza”.
Convén lembrar que o BNG advertiu o pasado 13 de decembro que Clemente Iglesias denunciou ante a Garda Civil tres traballadoras do SAF que se mostraron críticas coa súa xestión nun pleno municipal. O goberno de Riotorto “segue tratando de manobrar para ter un SAF ao servizo dos seus intereses políticos e non das persoas usuarias”, afirma Vanesa Gómez.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



