Ameijide condena que o goberno de PSOE e BNG “prefire dilapidar o diñeiro de tódolos lucenses en convenios a dedo que repartir de forma igualitaria, transparente e con criterios obxectivos entre tódolos Concellos da provincia”
Lugo, 30 de decembro de 2025. O portavoz do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou durante o Pleno ordinario deste martes que o goberno provincial de PSOE e BNG propón para o ano 2026 un Plan Deputación “claramente insuficiente” para a cooperación cos Concellos da provincia; cando dirixiron este ano máis de 14M€ en convenios “a dedo”, na práctica totalidade, só a Concellos gobernados polas súas cores políticas.
Ameijide condenou, neste sentido, que PSOE e BNG se neguen a incrementar a achega da institución provincial ao Plan Deputación para tódolos Concellos e flexibilizar o seu uso por parte dos Concellos como trasladaron os deputados do PP nas súas propostas para os orzamentos provinciais do 2026 despois de recoller as demandas de alcaldes e portavoces nas reunións de traballo co Grupo Provincial.
O portavoz popular advertiu que o incremento dun 1,14% con respecto ao ano anterior é “a terceira parte do que medran os orzamentos provinciais”, unha suba inferior á inflación e que provoca que “o 100% dos concellos da provincia perda poder adquisitivo para afrontar gastos e investimentos”.
Desde o Grupo Provincial Popular propuxérase, nas súas achegas de cara ao orzamento provincial para o 2026, incrementar o Plan Deputación en 10 millóns de euros. Ameijide explica que esa cantidade se pode obter do diñeiro que PSOE e BNG dirixen a dedo a Concellos gobernados, principalmente, pola súas cores políticas: máis de 14 millóns de euros en 88 convenios neste ano.
O portavoz popular tamén criticou a “falta de flexibilidade” do Plan Deputación, denunciando que o goberno provincial “impide aos Concellos destinar estes fondos a determinados usos”, como gastos correntes ou actividades culturais, mentres que “si permite financiar esas mesmas actuacións a través de convenios a dedo cos concellos afíns”.
Ameijide lembrou que o Plan Deputación é “a ferramenta máis xusta de colaboración da Deputación cos Concellos” e un instrumento obrigatorio por lei para a cooperación cos Concellos. Ademais, subliñou que o actual Plan Deputación —antes coñecido como Plan Único— “é froito do acordo entre PSOE e PP”, nun momento no que “os socialistas eran capaces de dialogar e chegar a acordos”. E o BNG que se erixe como autor, incluso abandonara o goberno provincial no momento no se acadou ese acordo.
Os deputados do Grupo Provincial Popular abstivéronse porque “estamos de acordo coa necesidade dun Plan provincial para cooperar cos Concellos xusto, transparente e baseado en criterios obxectivos como fora concibido inicialmente”. Pero, na actualidade é insuficiente, porque “non se está a mellorar nas súas bases, coberturas nin medra sequera na mesma porcentaxe que os orzamentos da institución provincial”.
O popular condenou que “PSOE e BNG prefiran dilapidar o diñeiro de tódolos lucenses en convenios a dedo que repartir de forma igualitaria e con criterios obxectivos entre tódolos Concellos da provincia”.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



