A última sesión desta actividade, que tivo lugar na Casa da Xuventude, estivo centrada na creación da nova canción
Burela, 3 de xaneiro de 2026. A rapazada do obradoiro de producción musical de Burela, impartido polo artista burelao Nuno Pico, está a preparar un novo himno para a vila.
O membro da coñecida banda galega Grande Amore está xa a traballar xunto coas rapazas e rapaces participantes no obradoiro na creación da nova canción, que ocupou a última sesión da actividade o pasado día 30 de decembro.
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Xuventude do Concello de Burela, e desenvólvese periodicamente na Casa da Xuventude do municipio.
O tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude e Educación, Mario Pillado, quixo agradecer a Nuno “a súa disposición para impartir este obradoiro, que permite que xente nova de Burela aprenda produción musical da man dun artista que percorre todos os festivais de Galicia e mesmo fóra das nosas fronteiras”.
“Estamos convencidos de que a nova canción que teñen entre mans será un excelente himno para Burela e dará unha marabillosa experiencia á rapazada participante na actividade”, engade o edil.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



