Neste mesmo punto xa se eliminaran vertedoiros semellantes en 2023 e 2025.
Burela, 5 de xaneiro, 2026. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Burela expresa o seu “total asombro e estupor” pola aparición dun novo vertedoiro incontrolado nas inmediacións da caseta que Retegal utiliza actualmente como centro de radiodifusión no Monte Vilar.
A entidade lembra que non é a primeira vez que ocorre un episodio semellante nesta zona. En abril de 2023 xa se eliminara un vertedoiro similar coa colaboración do Servizo de Recollida de Lixo do Concello de Burela, e no ano 2025 a propia Comunidade de Montes realizara outra limpeza de residuos no mesmo contorno.
A asociación explica que, aínda que a parcela afectada forma parte dos Montes Veciñais en Man Común, trátase dunha área aberta ao paso xeral, accesible en vehículo e frecuentada por sendeiristas, ciclistas de montaña, afeccionados á micoloxía e outras persoas que practican actividades ao aire libre.
A Comunidade de Montes subliña que nunca se opuxo ao uso público dos montes comunais por parte da veciñanza de Burela, algo que —aseguran— leva décadas demostrando. Porén, a reiteración destes comportamentos incívicos obrígaos a valorar a posibilidade de pechar pistas e accesos aos montes de titularidade comunal, unha medida que consideran prexudicial para a inmensa maioría da cidadanía que fai un uso responsable do espazo.
A entidade lembra que investe de maneira continua na mellora, preservación e conservación dos montes veciñais, así como na erradicación das condutas incívicas dunha minoría que continúa vertendo lixo no monte. Por este motivo, avanzan que poñerán os feitos en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) co obxectivo de identificar e sancionar os responsables deste “atentado ecolóxico”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


