Viveiro, 5 de xaneiro, 2026. O Centro Comercial Histórico de Viveiro pechou a súa campaña de Nadal cun éxito rotundo de participación no sorteo de tres soldos de 1.200 euros, que encheu por completo a Praza Maior. Repartíronse 150.000 papeletas e o evento incorporou dúas novidades destacadas: un sistema de extracción máis rápido, que garantiu que os números premiados saísen á primeira, e un cambio de ubicación, xa que este ano o sorteo se realizou dende o balcón do Concello en lugar do da Biblioteca.
Entre as 17:00 e as 21:00 horas instalouse unha urna na praza para que a clientela depositase parte das súas papeletas cos números cos que participaba. O fluxo de xente foi constante e a urna rematou completamente chea.
As persoas gañadoras
• María Quelle, veciña de Covas, resultou agraciada co número 19.646, dunha papeleta entregada en Kalea. O premio foi entregado pola alcaldesa, Mariña Gueimunde.
• Lolo Maseda, de Viveiro, gañou co número 80.617, dunha papeleta de Cafetería Cantábrico. A entrega correu a cargo das directivas do CCH, Sara e Gracia.
• Lucía Insua, de Lugo e natural de Viveiro, foi premiada co número 122.555, dunha papeleta de Van Surf. Recibiu o premio da xerente do CCHV, Isabel Méndez.
O acto estivo conducido, un ano máis, por Dani Ríos, que convidou a tres nenos a subir ao balcón para exercer de mans inocentes na extracción das papeletas.
Un sorteo áxil e moi participado
A xerente do CCHV, Isabel Méndez, destacou “o enorme éxito de participación, impulsado sobre todo polo novo sistema de sorteo, que permitiu reducir os tempos”. Explicou que se cumpriron os horarios con rigor: “Ás 21:00 horas pechouse a urna, subimos ao balcón, mesturamos ben todas as papeletas e ás 21:15 comezou o sorteo. Exactamente 15 minutos despois xa tiñamos os tres gañadores”.
Balance moi positivo da campaña de Nadal
Co sorteo péchase unha campaña de Nadal “moi satisfactoria”, segundo o CCHV. A afluencia de visitantes ao longo de todo o mes notouse tanto no comercio como na hostalaría, con tendas e bares cheos. A entidade recibiu numerosos parabéns pola decoración distribuída entre os negocios —árbores de luces LED, guirnaldas e alfombras vermellas— que contribuíu a crear un ambiente “totalmente navideño”.
O sorteo do calendario de advento tamén foi un éxito, con alta participación e 2.400 euros en premios, que sumados aos 3.600 euros repartidos no sorteo dos soldos elevan a 6.000 euros o total entregado nesta campaña.
As rebaixas, o seguinte paso
Nos próximos días comezará a campaña de rebaixas, que o CCHV espera que manteña o bo ritmo de participación e que a cidadanía siga apostando polo comercio de proximidade, “onde ver, tocar, probar e levar é un valor engadido, xunto coas garantías do comercio local”.

























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



