“Atención Primaria desbordada, PACs sen medios suficientes e urxencias colapsadas marcan o funcionamento do sistema público nestas datas”
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro, 2026. A portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento, Montse Prado, denuncia a situación de colapso na que se encontra os sistema público de saúde nestas datas, cos centros de atención desbordados, os PAC sen medios suficientes e as urxencias hospitalarias tamén colapsadas como consecuencia das políticas dun PP que favorece a sanidade privada e que fai que cada día máis galegos e galegas se vexan obrigados a sacar a chequeira para recibir a atención médica que precisan.
“Nunha situación na que a demanda aumenta pola gripe e outras enfermidades respiratorias volvemos ver os centros de saúde baixo mínimos, sen citas para o médico ou a médica de cabeceira en practicamente todo decembro e agora tamén en xaneiro”, subliña a deputada.
A falta de asistencia nos centros de saúde —algúns incluso sen médico— desvía a presión cara aos Puntos de Atención Continuada (PAC), nos que “se repite a situación”. “Hai PACs sen ningún médico, como pasou na Guarda ou en Cangas, e outros moitos están saturados con menos profesionais dos habituais”, explica a deputada nacionalista, que pon como exemplo a situación do PAC de Vigo, con esperas de ata cinco horas ou setenta persoas agardando para recibir atención médica.
O colapso na vía de entrada ao sistema pública afecta tamén ás urxencias dos hospitais que teñen ocupadas ata o 95 % das camas, advirte. “No Álvaro Cunqueiro recibiron nun só día ata 800 doentes en Urxencias”, exemplifica.
Montse Prado considera que a situación de desbordamento na sanidade pública responde á estratexia do PP, que quere converter a saúde dos galegos e as galegas nun “negocio” para favorecer a privada. “Hai unha estratexia planificada de deteriorar o público para facilitar o negocio da sanidade privada dos amigos do PP”, denuncia a portavoz de Sanidade do BNG, advertindo dos graves danos que están a provocar as políticas do Goberno de Rueda, “que está deixando a maioría de galegas e galegos sen o escudo de protección que significa o sistema público”.
Afondando nesta cuestión, Prado lembra que nos últimos seis anos a porcentaxe de persoas que solicitaron consulta en Atención Primaria da privada aumentou do 9 ao 26 %. Creceu significativamente así mesmo a porcentaxe de doentes que recorreron á privada para consultas hospitalarias especializadas, do 20 ao 36 %. No caso das urxencias, pasouse do 11 ao 21 %.
A dependencia cada vez maior da sanidade privada demóstrase tamén no aumento dos seguros privados, que foi dun 166 % nestes últimos seis anos, engade Prado, subliñando neste punto ademais que “cada ano a Xunta en mans do PP destina máis e máis cartos á privada”, con 261 millóns de euros que van directamente a pagar concertos. “O 50 % das cirurxías maiores ambulatorias e o 46 % das estancias hospitalarias (en centros privados) son pagadas con cartos públicos”, apunta.
É por iso que o BNG incidirá neste novo período de sesións na necesidade de dar un xiro nas políticas sanitarias do PP, para que “a atención sanitaria non dependa da capacidade económica que teña a xente para acudir á privada”. “Desde o BNG dicimos que abonda xa, que a sanidade pública non pode ir a peor cada ano que pasa”, destaca a deputada nacionalista, que urxe o Executivo de Rueda a presentar de inmediato no Parlamento medidas estruturais para reverter o deterioro do sistema público de sanidade.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



