Entramos nun novo ano coa maldade axexando na maior parte do mundo, onde avanza un novo poder desalmado e sen complexos.
O novo panorama non invita a facernos ilusións.
O ambiente volveuse de súpeto un tanto deprimente e surrealista. Este semella ser o novo mundo que se está a perfilar froito das transformacións no contexto internacional e dunha estratexia planificada pola dereita máis reaccionaria para desacreditar a política, erosionar a democracia e acabar concentrando o poder nunha minoría de oligarcas.
Imos, polo tanto, cara a tempos máis escuros, inseguros e máis opresivos, que xa non albergan moita esperanza para a humanidade. Tempos de retroceso, baleiros de valores humanistas e marcados polo renacer de actitudes autoritarias.
Aínda así, quen seguimos crendo na dignidade humana e nos valores da Ilustración non debemos renunciar a ir contracorrente, exercendo e propiciando a rebeldía democrática na procura de defender os valores que lle deron a esta a súa forza e o seu sentido liberador.
Porque o que nos estamos a xogar nestes tempos de tanta zozobra, entre moitas outras cousas, é vivir ou non en democracia e, polo tanto, poder gozar do único sistema político que nos permite á xente do común loitar polos nosos dereitos e defendelos sen violencia e dunha forma civilizada.
Por iso, fronte á linguaxe ameazante, ao quebrantamento do dereito pola forza e ás prácticas excluíntes e maniqueas que a diario observamos en moitos dirixentes políticos, coido que temos a obriga cívica e moral de reaccionar con serenidade pero con toda a contundencia, apostando decididamente pola legalidade democrática, pola defensa dos dereitos humanos e por afortalar a convivencia e o respecto á diversidade dos pobos e da xente. Trátase de resistir fronte á barbarie.
Porque sabemos pola historia que, dende o rencor, as imposicións pola forza e o desprezo aos diferentes, nunca foi posible construír nada decente e duradeiro. Porén, é o que a día de hoxe algúns dirixentes nos están a propoñer con absoluto descaro e prepotencia.
Xa que logo, espero e desexo para este 2026 unha reacción serena pero tamén rotunda de todas e todos os demócratas que non estamos dispostos a ser simples suxeitos pasivos e, polo tanto, cómplices deste desatino e desta vaga antidemocrática, inmoral e imperialista que, dende os Estados Unidos, se está a expandir por Occidente co obxectivo de controlar todo o poder para impoñer os intereses dunha minoría de oligarcas desalmados.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



