Os concelleiros do PP aseguran que “é positivo para Vilalba captar subvencións, veñan de onde veñan”; pero cren que “falta sentido común no goberno vilalbés á hora de propoñer actuacións”
Vilalba, 13 de xaneiro de 2026. O PP critica “o ecoloxismo de formigón” do bipartito de PSOE e Vilalba Aberta na avenida Terra Chá e advirte dun novo “despilfarro do diñeiro público” toda vez que “reduce o número de prazas de aparcamento”.
Os populares aseguran que “é positivo para Vilalba captar subvencións, veñan de onde veñan”; pero cren que “falta sentido común no goberno vilalbés á hora de propoñer actuacións”. Nese sentido, aseguran que “ninguén entende ese ecoloxismo de formigón que, ademais, resta servizos aos vilalbeses”.
Os concelleiros do PP sinalan que “a anunciada como zona verde de verde non ten absolutamente nada porque está invadida de formigón” no que consideran “unha aberración urbanística” que, ademais, “dificulta a entrada nos solares”.
DESPILFARRO HABITUAL E FALTA DE PROXECTO
O Partido Popular de Vilalba xa ten advertido da “práctica habitual” do bipartito de PSOE e Vilalba Aberta de “tirar co diñeiro de tódolos veciños e veciñas”. Primeiro enterraron 1M€ nas obras de modernización da rúa da Pravia que non para de acumular problemas e supuxo un prexuízo para os establecementos comerciais e, incluso, tiveron que consignar diñeiro de tódolos vilalbeses varias veces para cambiar o sentido do tráfico rodado “por decisións políticas”.
E recentemente os populares poñían tamén como exemplo de “despilfarro” a execución de labores de asfaltado en pistas do rural nun día de inverno e de moita choiva como fixo na pista da Frouxeira ata o cemiterio, en Sancovade, cando levaban seis meses paradas.
Os populares insisten en que “as obras deben servir para prestar un correcto servizo aos veciños e veciñas, non para facer unha foto dun día. O que lle pedimos ao goberno é que goberne, pero con este proceder o que demostran é que non teñen proxecto e invisten para poder sacar unha foto e dicir que fixeron algo”.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



