A denuncia apunta a unha ocupación de máis de 120.000 m², posibles afeccións a patrimonio protexido e dúbidas sobre a imparcialidade das inspeccións
A Maiña, 14 de xaneiro, 2026. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), en colaboración con Mariña Patrimonio, presentou unha denuncia perante a Fiscalía Provincial de Lugo por posibles irregularidades na actividade da canteira da Trindade, situada entre Mondoñedo e Lourenzá. Tras a apertura de dilixencias, a Fiscalía decidiu trasladar os feitos ao ámbito xudicial mediante a interposición da correspondente denuncia ou querela.
Segundo ADEGA, esta decisión evidencia que existen indicios de delito suficientes como para que o caso sexa investigado pola vía xudicial, o que permitirá un exame con maiores garantías e baixo control xudicial tanto da actuación da empresa explotadora como das administracións competentes.
A explotación ocuparía dez veces máis superficie da autorizada
A denuncia sinala que a canteira estaría ocupando unha superficie moi superior á avaliada e autorizada inicialmente. A Declaración de Efectos Ambientais de 1997 limitaba a actividade a uns 12.100 m², pero documentación administrativa posterior e medicións achegadas polas entidades denunciante indican que a área afectada podería superar os 120.000 m².
Ademais desta ampliación non autorizada, solicítase investigar outros posibles incumprimentos:
• Movementos de terra e labores fóra do perímetro autorizado.
• Afeccións a bens patrimoniais e ámbitos protexidos, incluídos elementos catalogados e as súas contornas.
• Ocupación ou afección de vías públicas próximas á explotación.
Dúbidas sobre a imparcialidade das inspeccións
Outro dos puntos sinalados por ADEGA e Mariña Patrimonio refírese ás inspeccións realizadas pola administración mineira. Parte delas foron efectuadas por Juan Carlos Morán del Pozo, enxeñeiro técnico de minas e funcionario da Xunta. Nesa mesma etapa, segundo información pública do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, Morán del Pozo exercía como decano-presidente da entidade, mentres que o director técnico da canteira, Atanasio Peña Álvarez, figuraba como vicepresidente.
Para as entidades denunciantes, esta coincidencia de cargos pode afectar á percepción de imparcialidade do control exercido sobre a explotación, especialmente tendo en conta que, segundo a documentación revisada, esas inspeccións non derivaron en sancións nin en medidas para restaurar a legalidade.
Disposición a colaborar
ADEGA reiterou a súa disposición a achegar toda a documentación e información necesaria para o avance da investigación.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



