Ameijide pregunta a PSOE e BNG “con que cara van a mirar ás mulleres da provincia, ás compañeiras dos seus partidos, como van a defender o feminismo o próximo 8M tras poñerlle prezo a este movemento e á defensa das vítimas. Para eles, o feminismo vale 500.000€”
Lugo, 14 de xaneiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular valoraron a nova etapa que inicia a Deputación de Lugo, baixo a presidencia de Carmela López, tras un pacto entre PSOE e BNG que “tiveron que negociar e pactar” con José Tomé para poder manterse á fronte do goberno provincial.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, lamenta que esta nova etapa “nace do escándalo, manchada” despois de que a nova presidenta e o vicepresidente lle puxeran prezo ao feminismo e á defensa das mulleres: 500.000€ para esquecer as denuncias de presunto acoso sexual que pesan sobre o ex presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.
“Carmela López converteuse hoxe en nova presidenta da Deputación de Lugo co apoio do PSOE e do BNG, pero tamén co respaldo explícito do ex presidente José Tomé, acusado de presunto acoso sexual, así como da persoa que durante meses encubriu estas condutas, Pilar García Porto”, denunciou.
Neste senso, Ameijide preguntou alto e claro a PSOE e BNG “con que cara van a mirar ás mulleres da provincia, ás compañeiras dos seus partidos, como van a defender o feminismo o próximo 8M tras poñerlle prezo a este movemento e á defensa das vítimas. Para eles, o feminismo vale 500.000€”.
O voceiro popular afirmou que PSOE e BNG “puideron realizar unha limpeza profunda de determinadas condutas nesta Deputación, un tempo novo afastado de comportamentos reprobables e do sectarismo; pero vemos con tristura que escolleron máis do mesmo”.
“O BNG SEMPRE NO LADO ERRÓNEO DA HISTORIA, HOXE ELIXE OS CARGOS POR DIANTE DO FEMINISMO”
Antonio Ameijide recordou como “o PSOE xa escollera poñerse ao lado do presunto acosador”, ao decidir tapar condutas reprobables por parte do ex presidente da Deputación, pero hoxe “o BNG escolleu bando e, como tantas outras veces, púxose no lado incorrecto”.
O voceiro popular criticou “o silencio dos nacionalistas” durante as últimas semanas, negándose a responder se ían pactar cun presunto acosador sexual e coa persoa que o encubriu durante meses. “Hoxe escoitamos alto e claro a súa resposta: se hai que escoller, van primeiro os sillóns, os coches oficiais e pisar moqueta antes que o feminismo e a defensa das vítimas”.
“Os tres deputados do BNG —Efrén Castro, Iria Castro e Daniel García— certificaron hoxe que o BNG pacta cunha persoa acusada por varias mulleres de presunto acoso sexual”, lamentou.
Antonio Ameijide tamén destacou a ausencia de Ana Pontón na toma de posesión do novo goberno provincial, “que onte mesmo ela avalou”. “Ana Pontón asinou a partida de defunción da coherencia e do feminismo no BNG, pero tivo medo de saír nesa foto polo que decidiu non asistir hoxe á andadura do novo pacto da vergoña entre PSOE e BNG e o deputado non adscrito”, sinalou.
O popular incidiu en que “cando o BNG tivo que escoller entre defender ás mulleres ou conservar os cargos, escolleu poñerse do lado do presunto acosador”.
“PSOE e BNG selaron o pacto da vergoña, un pacto que os vai levar por diante e que os inhabilita moralmente para falar de feminismo, igualdade e dignidade”, sentenciou.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



