O peche diestro arxentino provinte do River Plate será un apoio na rotación con Izan
Burela, 14 de xaneiro, 2026. Mauro Imanol Sánchez Sánchez (Buenos Aires, 16/02/1990) é a terceira incorporación do mercado de inverno para reforzar a plantilla que dirixe Juanma Marrube no que resta da tempada 2025/26.
O peche diestro arxentino iniciou a súa carreira no Lamadrid (Primeira División Arxentina) na tempada 2012/13, pasando polo Ferrocarril Oeste ata 2014 e continuando en El Talar entre 2015 e 2019. Na 2019/20 dá o salto á Serie A2 italiana co Regalbuto A5, fichando posteriormente polo Bernalda A5. Na 2021/22 é captado polo Dreman Futsal, da Primeira División polaca, e na 2022/23 chega á liga española da man do Bisontes Castellón. Na 2023/24 milita no Levante, e na 2024/25 pasa polo UA Ceutí, completando a primeira volta na Societa Sportiva Bocca, participante na Copa Libertadores de América. Finalmente, regresa a Arxentina para xogar no River Plate, equipo do que procede.
Desde este luns, Mauro xa está adestrando co primeiro equipo masculino do Burela FS, aportando desde o primeiro minuto a súa garra e competitividade.
Defínese como un futbolista “aguerrido, que lle gusta competir en tódalas fases do xogo e que se deixa a pel en cada balón”. O seu obxectivo para esta segunda metade da tempada é claro:
E deixa unha mensaxe directa á afección: “Que apoien ao club neste momento porque os necesitamos, son o sexto xogador na pista”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


