Ribadeo, 16 de xaneiro, 2026. O grupo municipal do BNG de Ribadeo volveu solicitar ao goberno local unha intervención inmediata na pista que pasa polo Valín, en Ove, debido ao seu “lamentable estado” e ao perigo que supón para as persoas usuarias. A formación nacionalista subliña ademais que se trata dunha vía moi transitada ao coincidir co trazado do Camiño de Santiago.
O concelleiro do BNG, Martín Graña, explicou que o grupo ten que “volver pedir ao goberno municipal” unha actuación canto antes nesta pista, situada en pleno Camiño de Santiago, pola “terrible situación” na que se atopa. Segundo indicou, o seu estado actual representa “un verdadeiro perigo” tanto para quen circula a pé como para quen o fai en vehículo.
Graña lembrou que o BNG xa denunciara esta situación en marzo de 2024, tanto nas redes sociais como mediante un rogo no pleno, pero “case dous anos despois o goberno do PP non foi quen de poñer ningún remedio”. Engadiu que mesmo chegaron a atopar que os veciños tiveron que colocar botellas de plástico para sinalar onde remata a pista e evitar saírse dela.
Por todo isto, o BNG de Ribadeo solicita unha vez máis que o goberno municipal “se poña a traballar” e dea solución a un problema que, segundo destacan, padecen diariamente tanto veciños como visitantes.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



