Burela, 17 de xaneiro, 2026. O Reyco Burela FS non puido sumar na Tarde Laranxa de Vista Alegre ante o AD Ceuta FC, nun encontro moi igualado que se decidiu na segunda metade e no que dous infortunios en propia porta penalizaron ás locais. A boa primeira parte das laranxas non atopou continuidade tras o descanso, malia ás ocasións e ao empuxe final en xogo de cinco.
Primeira metade: dominio e ocasións para o Burela
O partido arrincou cun Burela incisivo. No minuto 5, Sandra rozou o 1-0 cun disparo ao segundo pau tras un contraataque pola banda. Na xogada seguinte, Forsuik obrigou a Ana Eliza a sacar unha man providencial para evitar o gol.
Romero probou fortuna sen acerto e, no minuto 7, Macarena e Lara tiveron unha boa ocasión nunha contra que se marchou por pouco. No 11, Claudia Navas estrelou un balón no pau e Ana Eliza volveu aparecer para salvar o tanto visitante. O marcador non se moveu antes do descanso.
Segunda metade: dous golpes e reacción laranxa
A reanudación comezou cunha das ocasións máis claras do encontro: un balón de Lara nun saque de córner que Sara Soares desviou coa punteira nunha tripla acción que tamén involucraba a Laura.
O 0-1 chegou no minuto 27, nun intento de despexe de Laura Barranco que acabou entrando xunto ao pau. Só un minuto despois, Ana Eliza volveu lucirse ante Su Reis, e no 33 detivo outro lanzamento perigoso da mesma xogadora.
No 34, o Ceuta ampliou a vantaxe (0-2) noutro infortunio local: un remate de Forsuik ao segundo pau desviouse en Macarena e acabou dentro da portería.
Empuxe final e sentenza
O Burela recortou distancias de inmediato. Lara marcou desde a área tras un pase de Cris Blanco, xa en situación de xogo de cinco con Irene como porteira-xogadora.
A falta de tres minutos chegou a quinta falta local, e pouco despois a sexta, cometida por Laura Barranco. Gi Costas executou o dobre penalti, pero Ana Eliza volveu aparecer para manter a vantaxe visitante.
No último minuto, Nathalia aproveitou unha contra co Burela volcado en ataque para asinar o 1-3 definitivo cun disparo á escuadra.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.


