Foz, 19 de xaneiro de 2026. A voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto, manifestou que “no día de hoxe o voceiro da oposición quixo xustificar a súa posición en contra da vivenda pública en Foz no pleno municipal do mes de setembro saíndo con bulos e falsidades coma sempre”.
“Estamos de acordo en que un dos problemas máis graves de Foz, coma do resto do Estado, é a escaseza de vivenda en aluguer a prezos asequibles. No mes de setembro o noso grupo, vistas as poucas alternativas existentes, plantexou mercar o solar fronte á Casa da Cultura, a un prezo moi inferior ao que se manexaba no 2018 (550.000 euros, cando daquela se falaba de 2 millóns) e tanto o grupo popular coma o Bloque votaron en contra”, indica a voceira do goberno municipal, que engade: “a motivación non era ningunha porque non puxeron ningunha alternativa enriba da mesa. A única opción que plantexaron é que o solar fose gratuíto para o Concello, coma se houbese unha tómbola onde regalasen algo. Pero a realidade é que o PP nunca quixo facer nada con ese solar, xa o dicía no 2018: Isto non quere dicir que o Concello estea disposto a pagar eses cartos polo solar. Nós simplemente cumprimos co que nos pediron en pleno e solicitamos unha taxación para saber cal sería o valor do solar. O único que imos facer hoxe é dar conta á oposición do resultado do traballo que se nos encargou. E iso fixo, nada”.
Inés López Couto explica que “o Concello pretendía adquirir o solar da Sareb para facilitarlle á Xunta a construción de vivenda pública en aluguer en Foz. A Xunta ten a competencia en exclusiva en vivenda, tal e como marca o Estatuto de Autonomía no seu artigo 27.1.3: no marco do presente Estatuto corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva das segunites materias[…]Ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda. No ano 2005 -na época do bipartito-, hai máis de 20 anos, a Xunta entregou os últimos pisos de protección, en Corporacións Municipais. Os veciños de Foz demandan vivenda pública: Castiñeira dixo non en pleno e a conselleira dixo non no Parlamento. A hemeroteca e a verdade non se poden cambiar, se Castiñeira quere buscar culpables só ten que mirarse ao espello”.
“Está ben dar voltas para non aportar nada, só liorta política: se quere facer algo por Foz traballe en que o seu partido na Xunta constrúa a vivenda pública que necesitan os veciños, coa colaboración municipal que lles ofrecemos buscando os terreos necesarios para esta construción. O demais é lodo”, remata López Couto.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



