Marta Rouco lamenta que a rotonda, de titularidade autonómica, leve meses sen iluminación completa pese ás reiteradas reclamacións do Concello
Vilalba, 23 de xaneiro, 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, denunciou unha nova mostra do “desprezo e abandono” da Xunta de Galicia cara ao municipio, neste caso en relación coa glorieta de acceso ao polígono industrial de Vilalba, unha infraestrutura clave tanto para a actividade económica como para a entrada ao casco urbano e da que é titular o goberno autonómico.
Segundo explicou a rexedora, a glorieta leva meses cunha iluminación claramente deficiente, con varias farolas fundidas, o que supón un problema de seguridade viaria nun dos principais accesos á vila. “Desde o Concello enviamos múltiples escritos á Xunta de Galicia reclamando que se restableza a iluminación da rotonda, sen obter unha resposta eficaz”, indicou Rouco.
A alcaldesa lembrou que, nos meses de outubro e novembro, recibiu unha chamada desde a Consellería competente na que se lle trasladaba que se ía proceder á reparación das luminarias. “A realidade é que, das 10 farolas existentes, só se arranxaron 3. O resto seguen sen funcionar”, explicou.
Segundo a información trasladada ao Concello, a empresa encargada dos traballos remitiu un orzamento á Xunta para poder acometer a reparacióncompleta, xa que é necesario volver cablear varias luminarias, “pero a resposta da Xunta foi, literalmente, deixala como está”.
“Estamos a falar dunha rotonda de acceso ao polígono industrial e ao casco urbano, un punto estratéxico que debería estar perfectamente iluminado, tanto por seguridade como pola imaxe que proxecta Vilalba”, subliñou Marta Rouco.
A esta situación súmase, ademais, outra demanda trasladada pola alcaldesa hai máis dun ano á Xunta de Galicia: a adecuación estética da glorieta coa colocación dalgún elemento ornamentario que permita ofrecer unha imaxe máis coidada e amable nunha das principais portas de entrada á vila.
Para a rexedora vilalbesa, este episodio “é un exemplo máis da forma de actuar da Xunta de Galicia con Vilalba”, que se suma a outros agravios xa denunciados publicamente, como a situación de abandono da estación de autobuses ou o incumprimento do convenio para a mellora da estrada de acceso a Vilalba desde Lugo e das beirarrúas desta contorna.
“Falamos de infraestruturas da súa titularidade, de competencias claras da Xunta, e dunha deixadez constante que transmite unha mensaxe moi clara: Vilalba non é unha prioridade para o goberno galego”, afirmou Rouco. “Desde o Concello seguiremos reclamando o que nos corresponde e defendendo os intereses da nosa veciñanza, aínda que iso supoña ter que denunciar unha e outra vez esta falta de compromiso”, concluíu a alcaldesa.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



