Viveiro, 23 de xaneiro, 2026. Carlos Núñez ofrecerá o concerto A Irmandade das Estrelas – 30 Aniversario o vindeiro 7 de marzo ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco de Viveiro, dentro do programa de difusión cultural ADRAL, promovido pola Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro.
As entradas estarán dispoñibles desde o luns 26/1/26 ás 10:00 horas en Ataquilla.
A Xunta de Cofradías traballa, un ano máis, de maneira incansable para ofrecer un programa cultural ADRAL variado e de alta calidade, que se presentará na súa totalidade —como é habitual— o día da presentación do cartel da Semana Santa 2026. O organismo leva anos apostando por un programa de prestixio cun acto principal destacado, como o do ano pasado con Abraham Cupeiro, e nesta ocasión conseguiu contar co gaiteiro galego máis internacional dentro da súa xira do 30 aniversario de A Irmandade das Estrelas.
Sobre o espectáculo
“Mergúllate nunha experiencia sonora irrepetible onde a pedra e a música se fan unha: este sábado 7 de marzo, a maxia de Carlos Núñez tomará a Igrexa de S. Francisco de Viveiro. Non se trata só dun concerto, senón dunha viaxe sensorial onde a acústica natural do templo e a mestría do gaiteiro máis internacional crearán unha atmosfera íntima e sobrecolledora, case mística. O aforo é limitado e a demanda para ver a Núñez nestes espazos singulares é moi alta; asegura o teu lugar nesta noite histórica e consegue xa as túas entradas en Ataquilla.com”
Impresionante cifra de visitantes en 2025 á Exposición Permanente
Coincidindo coa difusión turística arredor de FITUR, especialmente no relativo a Galicia e A Mariña, a Xunta de Cofradías lembra que a Semana Santa de Viveiro é un piar fundamental que traballa durante todo o ano, non só na Coresma ou nas celebracións de Paixón.
A Exposición Permanente, situada nos claustros de San Francisco, rexistrou en 2025 unha afluencia extraordinaria de visitantes: 6.657 persoas (6.014 españolas e 643 procedentes doutros países), ás que hai que sumar aquelas que acoden nas visitas guiadas e non quedan contabilizadas. Un éxito que, segundo destacan, debe consolidarse como semente e impulso do futuro Museo da Semana Santa de Viveiro.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



