O novo sistema permitirá que máis do 90 % dos expedientes tributarios se resolvan o mesmo día da súa apertura, e ofrecerá acceso seguro á información tributaria mediante Sede electrónica e atención telefónica
Lugo, 23 de xaneiro de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou por un importe de 3M€ a licitación dun novo sistema informático integral de xestión tributaria e de recadación, que suporá un salto cualitativo na xestión tributaria da administración provincial xa que permitirá modernizar a administración dos ingresos municipais e mellorar a calidade do servizo prestado aos concellos e á cidadanía.
A Deputación reforza así a xestión que realiza para 64 concellos da provincia en impostos como o IBI, IAE, IVTM, taxas e outros ingresos públicos, substituíndo o sistema actual, baseado en tecnoloxías obsoletas, por unha plataforma moderna, segura e altamente eficiente. O novo sistema axilizará a tramitación dos expedientes tributarios, prevéndose que máis do 90 % das solicitudes se resolvan o mesmo día da súa apertura, reducindo tempos de espera e desprazamentos innecesarios, e mellorando a atención á cidadanía.
Un dos obxectivos fundamentais é incrementar a eficiencia na xestión dos ingresos municipais sen aumentar a presión fiscal, facilitando aos concellos unha maior dispoñibilidade inmediata dos seus recursos económicos e mellorando a planificación financeira ao longo do exercicio.
A licitación que se vén de aprobar na Xunta desta mañá inclúe tamén a implementación de ferramentas avanzadas para a xestión dos Plans Personalizados de Pago, que permiten aos contribuíntes cumprir coas súas obrigas tributarias de xeito máis flexible e contribúen a unha distribución máis equilibrada dos ingresos municipais ao longo do ano.
No ámbito da administración electrónica, o novo sistema impulsará a Sede electrónica, permitindo á cidadanía acceder de forma segura á súa información tributaria, realizar trámites con plena validez legal e efectuar pagamentos telemáticos. Ademais, incorporarase un módulo específico de atención telefónica, pensado especialmente para persoas con maiores dificultades co uso de medios dixitais.
O proxecto tamén contará con interoperabilidade con outras administracións públicas, como o Catastro, a Seguridade Social, a Dirección Xeral de Tráfico ou a Axencia Estatal de Administración Tributaria, garantindo rapidez, fiabilidade da información e cumprimento dos Esquemas Nacionais de Interoperabilidade e de Seguridade.
O contrato terá unha duración inicial dun ano, sen posibilidade de prórroga, e suporá un paso decisivo cara a unha xestión tributaria máis moderna, eficiente e transparente ao servizo dos concellos e da cidadanía.
Licitación do servizo de limpeza
A Xunta de Goberno ademais vén de aprobar a licitación do contrato por lotes do servizo de limpeza dos distintos edificios e dependencias da institución provincial. O servizo abrangue tanto os edificios de uso administrativo como as instalacións deportivas. O orzamento base de licitación ascende a preto de 1.700.000€, distribuído entre dous lotes: case 1.400.000€ para edificios administrativos e outros usos e pouco máis de 300.000 € para instalacións deportivas. O contrato terá unha duración inicial dun ano, e poderá prorrogarse por outros tres anos.
Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL)
Tamén, na Xunta de Goberno deste venres quedou adxudicada á Universidade de Santiago de Compostela (USC) os traballos de elaboración da Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia, por un importe de preto de 111.000€. Esta enquisa que a Deputación realiza de Xeito anual é o instrumento básico de valoración das necesidades dos concellos a efectos de cooperación económica local do Estado, polo tanto, un estudo fundamental para a viabilidade económica das facendas locais.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



