O presentador David Vilares conduciu o acto no que se estreou un novo audiovisual no que se proxectaron algunhas das marabillas naturais da provincia, como as zonas húmidas e lagoas da Chaira, a contorna do Miño ou aldeas tradicionais como Piornedo
Lugo, 23 de xaneiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou este venres en FITUR, xunto ao cineasta Óliver Laxe, a campaña turística da institución provincial Provincia de Lugo, Reserva Natural. Unha iniciativa que aposta pola riqueza natural do territorio lucense como eixo dun modelo turístico sostible, non masificado e vencellado ao territorio. Arrancou o acto no expositor de Galicia o presentador David Vilares, dando a benvida aos asistentes interpretando cunha pandeireta A Xota e A Muliñeira de Cela, dúas pezas de música e baile tradicionais recollidas e transmitidas pola tradición oral.
Arrouparon a Carmela López na presentación da campaña lucense a Vicepresidenta Segunda do Goberno, Yolanda Díaz, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o Deputado da Área de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz; a Deputada da Área de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira; o Deputado da Área de Medio Ambiente, Carlos López López; así como Alcaldes e Alcaldesas da provincia de Lugo.
Provincia de Lugo, Reserva Natural contou para a súa presentación na Feira Internacional de Turismo que se celebra estes días en Madrid co cineasta internacional Óliver Laxe, con fondas raíces nos Ancares lucenses e representante da Asociación SER de Navia de Suarna; e con Martiño Cabana, da Asociación Galega de Custodia do Territorio con sede na Casa das Insuas de Rábade. Dúas persoas profundamente coñecedoras do territorio e do traballo que nel se desenvolve e que puxeron voz a dous territorios cunha identidade propia que marcou a súa forma de entender a vida.
Carmela López destacou durante a súa intervención, que máis do 80% da superficie da provincia está declarada Reserva e que iso “defínenos. Fala dun territorio coidado, diverso e auténtico; que é o que buscan hoxe as persoas cando viaxan”. Puntualizou que a Deputación de Lugo xestiona dous deses territorios: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
“Apostamos polas Reservas da Biosfera como espazos vivos, onde o desenvolvemento sostible constrúese desde o respecto e a identidade”, valorou. Subliñou que, das dúas reservas que xestiona a Deputación, Terras do Miño foi a primeira declarada en Galicia no ano 2022 e que é a única da Península Ibérica que alberga unha capital de provincia (Lugo) o que dá conta da súa integración co medio que a rodea. Ancares lucenses, pola súa banda, celebra este ano o seu 20 aniversario e faino desenvolvendo a súa distinción como Destino Turístico Starlight, “un territorio onde o ceo nocturno continúa sendo puro”. E sinalou que o vindeiro 12 de agosto, a provincia será un lugar privilexiado para observar o eclipse solar pola súa posición.
Puxo en valor a Presidenta o modelo polo que aposta a Deputación de Lugo: “Un turismo de calidade, de equilibrio co territorio e de compromiso cos seus habitantes”. Comprometeuse a continuar impulsando este modelo “con convicción e ilusión, porque conecta co que somos e posiciona a nosa provincia como un destino con personalidade propia e con futuro”. López explicou que a campaña nace dun modelo baseado na colaboración participativa dos concellos e do tecido asociativo implantado nas Reservas para xestionar estes territorios, e co obxectivo de conservar o patrimonio natural e cultural e, ao mesmo tempo, xerar riqueza e emprego desde a sustentabilidade.
Un novo audiovisual
Durante o acto estreouse un novo audiovisual promocional que percorre as dúas Reservas da Biosfera xestionadas pola Deputación, amosando a súa diversidade paisaxística, o seu valor ecolóxico e o vínculo coas persoas que habitan e coidan o territorio. Nel se proxectaron algunhas das marabillas naturais da provincia, como as zonas húmidas da Terra Chá, a contorna do Miño, ou as aldeas tradicionais da Montaña Lucense, como Piornedo.
Unha peza que é a antesala dun proxecto máis amplo de produción de contidos audiovisuais impulsado pola Deputación, que inclúe a elaboración de dous vídeos documentais con múltiples reportaxes protagonizadas por persoas emprendedoras, profesionais, entidades e colectivos que desenvolven o seu labor nas reservas. Un material que pensa difundir tamén a través das canles de RTVE e plataformas dixitais.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



