Barreiros, 26 de xaneiro de 2026. As praias de Barreiros serán o escenario da meta da etapa lucense de O Gran Camiño 2026, a volta ciclista profesional galega, que conta un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chegará por primeira vez ás comarcas da Mariña e da Terra Chá, tendo a saída no concello de Vilalba.
O anuncio realizouse nun acto celebrado esta mañá na Casa do Concello de Barreiros, no que participaron o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Dani García; o director da proba, Ezequiel Mosquera; así como as alcaldesas de Barreiros, Ana Ermida, e de Vilalba, Marta Rouco.
Durante a presentación, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destacou que a chegada de O Gran Camiño ao municipio “é froito do traballo que se está a facer en Barreiros no ámbito deportivo, cunha aposta clara polo deporte de base, fundamental para concellos como o noso, pero tamén coa ambición de situar Barreiros como escenario de grandes eventos deportivos”. Ermida subliñou ademais que acoller a meta dunha etapa profesional “permite poñer en valor o noso territorio e crear referentes para as novas xeracións, nunha comarca cunha fonda tradición ciclista”.
Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Efrén Castro salientou a colaboración mantida con O Gran Camiño desde a súa primeira edición, apostando polo ciclismo como unha plataforma para promocionar o territorio, e valorou especialmente que a proba chegue por primeira vez á Mariña e á Terra Chá. Neste sentido, destacou tamén a oportunidade de levar deporte internacional de máximo nivel a concellos como Barreiros.
Pola súa banda, Ezequiel Mosquera avanzou que, sen desvelar aínda o trazado definitivo, que se fará público o vindeiro 6 de febreiro, a etapa lucense será “divertida, con moito espectáculo deportivo e con imaxes espectaculares”, ao tempo que relevante tanto para o público internacional como para a veciñanza da comarca.
A chegada de O Gran Camiño 2026 a Barreiros supón un importante impacto deportivo, turístico e promocional para o municipio, reforzando a súa presenza no mapa do ciclismo profesional e consolidándose como escenario de grandes eventos vinculados ao deporte e á natureza.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


