Burela, 28 de xaneiro, 2026. O Porto de Burela promociona os seus produtos pesqueiros en Madrid Fusión a través de diferentes accións impulsadas en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia e coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL).
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela participou esta semana en varios eventos gastronómicos celebrados en Madrid, coincidindo co Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión, que se desenvolve en Ifema.
Finalista no Campionato Oficial de Tapas e Petiscos
Entre o luns e o martes, a APEHL competiu no IV Campionato Oficial Hostalería de España Tapas e Petiscos. A proposta lucense, “Ostras, ¡Qué Merluza D& Burela!”, elaborada polo cociñeiro José Luis Pardo (restaurante El Boni, Lugo), superou a primeira rolda —na que participaron 34 asociacións— e acadou un posto na gran final entre as seis mellores tapas do país, na que finalmente venceu a candidata de Asturias.
A creación era un trampantojo de falsa ostra elaborado con galleta de tinta de lura, recheo de gaspacho de gilda con aceite de oliva de Quiroga, pescada do pincho de Burela cociñada a baixa temperatura, ovas de troita e un aire de carabineiro.
Degustacións “Galicia Sabe A-Mar” en Madrid Fusión
No stand da Xunta de Galicia en Madrid Fusión Alimentos de España celebrouse este mércores un showcooking-degustación do programa “Galicia Sabe A-Mar”, da Consellería do Mar. A chef con estrela Michelín Lucía Freitas (A Tafona, Santiago) preparou dúas elaboracións con Merluza D& Burela, maridadas con viños da DO Rías Baixas:
• Merluza do pincho de Burela con salsa meniere afumada
• Merluza do pincho de Burela con fabas de Lourenzá e caldeirada
A continuación, o chef Alex Iglesias, en colaboración con Armadores de Burela, ofreceu unha degustación de Bonito do Norte de Burela acompañada de viños da DO Ribeiro:
• Bonito de Burela mariñado con caldo de mazá e albáfega
• Lombo de Bonito de Burela marcado en ferro con escabeche de verduras e abelás
Estas accións están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e forman parte do plan anual de produción e comercialización da OPP-7 Porto de Burela, orientado a reforzar a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros e garantir información clara e accesible para os consumidores.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


