Onte aprobouse definitivamente en pleno, cos votos a favor de PP, XA e PSOE, o documento económico, que ascende a 8,5 millóns de euros, un incremento de máis do 25% respecto do último aprobado en 2022
Ortigueira, 31 de xaneiro de 2026. Onte, 30 de xaneiro, o Concello de Ortigueira aprobou definitivamente en pleno, cos votos a favor de PP, XA e PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra de Primeiro Ortigueira, os orzamentos municipais para 2026, un documento económico histórico que ascende a 8,5 millóns de euros.
O acordo permitiu sacar adiante os orzamentos, unha folla de ruta que supón un crecemento de máis do 25% e un incremento de 2 millóns de euros respecto das últimas contas aprobadas.
Desde o executivo valoran este pacto co PSOE de Ortigueira como “fundamental para la estabilidad del municipio y la ejecución de los proyectos, valorando de forma conjunta cuales son los más prioritarios”. Engaden que “este acuerdo permitirá realizar actuaciones e inversiones en todas y cada una de las parroquias por valor de más de tres millones de euros”.
Luz verde ao POS+2026 e ao contrato dos servizos de limpeza municipais
Ademais, na sesión plenaria de onte aprobáronse tanto o POS+2026 da Deputación da Coruña, que inxectará máis de 1,2 millóns de euros na localidade, como a adxudicación do contrato dos servizos de limpeza, desinfección e hixiene nas instalacións municipais.
Todo isto súmase á aprobación, por unanimidade en pleno extraordinario do pasado 9 de xaneiro, da adhesión do Concello ao POS+ Adicional 2026 para gastos sociais extraordinarios. Deste xeito, Ortigueira tamén recibirá este ano por parte da Deputación 136.604,87 euros, que se destinarán a cubrir gastos derivados da xestión e prestación dos servizos sociais, unha das principais bandeiras das políticas municipais.
Desde o goberno local destacan que “esta aportación, como cada año, nos permitirá seguir prestando determinados servicios que nosotros creemos que son fundamentales para Ortigueira y las personas que más necesitan nuestra ayuda”.
Aseguran ademais que “es un gran paso adelante poder adjudicar el contrato de limpiezas municipales, así como poder contar otro año más con el Plan provincial de cooperación a las obras y servicios de competencia municipal que permitirá realizar nuevas actuaciones necesarias y desarrollar un proyecto de vida en un entorno rural dotado de todos los servicios básicos y de una calidad óptima”.






















A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



