O voceiro municipal popular, Javier Castiñeira, lembra que esta actuación foi unha das condicións do acordo acadado co goberno locla para desbloquear a licitación do contrato da auga
Foz, 2 de febreiro de 2026. O Partido Popular de Foz reclama ao alcalde maior rapidez na licitación da obra de remodelación do céspede artificial do campo de fútbol de Malates, unha infraestrutura deportiva que se atopa nun estado moi deteriorado e que provoca continuas queixas por parte dos usuarios.
O voceiro municipal popular, Javier Castiñeira, lembra que esta actuación foi unha das condicións do acordo acadado co goberno local para desbloquear a licitación do contrato da auga. “O Partido Popular solicitou en varias ocasións no pleno o cambio do céspede de Malates e finalmente conseguiuse grazas a un pacto co alcalde. Os pactos están para cumprirse”, subliña.
Castiñeira denuncia a falta de información por parte do goberno municipal: “Naquel momento quedáramos en que o Partido Popular estaría plenamente informado sobre este asunto, pero a día de hoxe non sabemos absolutamente nada, máis alá de que a Deputación de Lugo vai a financiar parte do investimento”.
O portavoz do PP advirte do risco que supón o actual estado do terreo de xogo: “Hai furados que son perigosos incluso para a integridade física dos deportistas, e as queixas dos usuarios son moi numerosas. Por iso pedimos que se acelere este contrato para que poida se estreado canto antes”.
CONTRATO DA AUGA
En relación co contrato da auga, Castiñeira pide prudencia ao alcalde e critica a súa actitude triunfalista: “Resulta sorprendente que agora presuma deste contrato cando estando na oposición o PSOE defendía a remunicipalización do servizo. Ademais, non se baixaron as taxas como pedía inicialmente o Partido Popular”.
O voceiro municipal tamén pon en dúbida que se trate da mellor opción para o Concello: “Non foi a empresa que máis obra ofertaba a que gañou o concurso, senón a cuarta mellora oferta segundo este criterio. Ademis, sabemos que houbo unha alegación dunha das empresas ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) e tampouco se nos informou con claridade”.
Finalmente, o PP de Foz esixe ao alcalde cumprimentos dos compromisos adquiridos: “O que pedimos é prudencia e cumprimento dos pactos. Dentro dese acordo estaba arranxar canto antes o campo de fútbol de Malates, e queremos que estea licitado durante esta primavera para que se poida executar no verán e que a próxima tempada se inicie con instalacións novas e seguras”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



