Os concelleiros do PP explican que o equipo feminino tivo que desprazarse a Outeiro de Rei, o 25 de xaneiro, para xogar o seu partido coma local e que as goteiras tamén afecta ao encontro, previsto inicialmente para hoxe, de semifinais da Copa Galicia de fútbol sala. “A pista non está en condicións para xogar, polo que non houbo outro remedio que aprazar o partido ao mes de marzo”
Vilalba, 3 de febreiro de 2026. O PP de Vilalba denuncia a situación na que se atopa o pavillón polideportivo municipal, que segue a presentar graves deficiencias malia que a alcaldesa presumise hai poucos meses do arranxo parcial da cuberta, financiado cunha axuda da Xunta de Galicia.
Desde o Grupo Popular lembran que estas obras se executaron sen o debido control nin supervisión técnica necesarios, o que provocou que, a día de hoxe, o pavillón continúe sufrindo goteiras. “Esta situación xa tivo consecuencias directas, como a suspensión de partidos e actividades deportivas previstas nas instalacións municipais que tiveron que celebrarse noutros municipios”, denuncian.
“Non é de recibo que unha localidade como Vilalba, cunha intensa actividade deportiva e cun gran número de equipos, teña que trasladar as súas competicións a concellos limítrofes por culpa da mala planificación e da falta de rigor do goberno local”, sinalan.
Un dos exemplos é o equipo feminino que tivo que desprazarse a Outeiro de Rei, o 25 de xaneiro, para xogar o seu partido coma local e que tamén afecta ao encontro, previsto inicialmente para hoxe, de semifinais da Copa Galicia de fútbol sala. “As goteiras fan que a pista non estea en condicións óptimas para xogar, polo que non houbo outro remedio que aprazar o partido ao mes de marzo”, denuncian.
Desde o Grupo Popular agardan que a climatoloxía acompañe para evitar unha nova suspensión ou a necesidade de buscar unha localización alternativa, “algo que sería perfectamente evitable cunha xestión seria e responsable das instalacións deportivas municipais”.
O Grupo Popular de Vilalba considera que este novo episodio é unha mostra máis da mala xestión do goberno local liderado pola alcaldesa, Marta Rouco, e esixe explicacións e solucións inmediatas para garantir unhas instalacións deportivas dignas, seguras e acordes ás necesidades do deporte vilalbés.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



