Ribadeo, 6 de febreiro de 2026. Todo está listo en Ribadeo para a celebración do Entroido 2026. O groso do programa desenvolverase entre o 14 e 21 de febreiro.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o cartel e o programa do Entroido 2026 en Ribadeo. Aínda que o groso do programa terá lugar entre o 14 e o 21 de febreiro xa este sábado e este domingo teremos fereixós na Sala do Campo de 11 a 14 horas”.
A edil ribadense indica que “o día 14 teremos a Gala Tu cara me suena con amor, na que se renderá homenaxe aos 40 anos da charanga A Choca. Será a partir das 21:00 horas no Cine Teatro. O domingo 15 sairá o cocho acompañado polas charangas locais Aturuxo e A Choca, esa xornada haberá tamén fereixós e baile infantil na sala Rosalar”.
Saiz segue a relatar que “o luns 16 haberá cocido do Entroido nunha carpa instalada no Parque de San Francisco, organizado pola Comisión de Festas. O martes 17, festivo local, terá lugar o tradicional desfile de Antroido no que se repartirán máis de 6.000 euros premios. As bases poden consultarse na web do Concello de Ribadeo. E o día 21 procederemos, como marca a tradición, á Queima do Antroido, se o tempo o permite”.
E engadiu: “agradecer á Comisión de Carnaval de Ribadeo, á Comisión de Festas, a Gráficas Iriarte e a todas as persoas que traballan voluntariamente para que isto poida facerse realidade e por suposto a todas as empresas patrocinadoras dos premios do desfile e tamén a Gadis, Hiper Eroski, Panificadora del Eo e Panadería Paleo pola súa colaboración na festa do fereixó”.
O Salón dos Alcaldes acolleu a presentación do Antroido 2026, que contou coa asistencia da Comisión de Carnaval e das concelleiras Begoña Sanjurjo e Marta Saiz.
























Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


