Os concelleiros populares tamén piden explicación pola decisión de non cubrir dende hai varios meses dúas prazas de persoal administrativo xa que “todo o traballo o están a cubrir entre un funcionario e outro traballador que realiza esta función a pesar de que non é a que ten asignada”
Lourenzá, 6 de febreiro de 2026. O PP de Lourenzá amosa a súa preocupación pola situación que está a vivir o Concello ante a ausencia da secretaria municipal, “un posto clave para o correcto funcionamento da administración local, que permanece sen cubrir desde pouco antes do Nadal debido á baixa da titular”.
O voceiro popular, Roberto Díaz, pregunta á alcaldesa que xestións realizou durante este tempo para dar solución a este problema. “Queremos saber se solicitou colaboración á Deputación de Lugo, a través do servizo de cooperación cos concellos, para cubrir temporalmente este posto e garantir o normal funcionamento do Concello”, sinalou.
Esta falta de previsión e de actuación xa tivo consecuencias directas, como a imposibilidade de celebrar o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro, algo totalmente anómalo e que prexudica á transparencia e o control democrático da acción de goberno.
A esta situación súmase outra igualmente preocupante: a falta de persoal administrativo no Concello.
Roberto Díaz explica que na actualidade existen dúas prazas sen cubrir dende hai meses, o que provoca unha sobrecarga de traballo. As tarefas administrativas están sendo asumidas por un único funcionario administrativo e por outro traballador que está desempeñando funcións que non lle corresponden “o que non é nin xusto nin axeitado desde o punto de vista organizativo e legal”.
Desde o Grupo Popular de Lourenzá consideramos imprescindible que a alcaldesa actúe con responsabilidade, dea explicacións e adopte medidas urxentes para cubrir estes postos fundamentais, garantindo así un funcionamento eficaz do Concello e unha atención adecuada á veciñanza.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



