Os cursos “Yo conecto” desenvolveranse entre o 23 de febreiro e o 19 de marzo con catro accións formativas presenciais e con certificación
Burela, 7 de febreiro de 2026. O Concello de Burela, a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración, pon en marcha unha nova edición dos cursos gratuítos de formación dixital Yo conecto, dirixidos á veciñanza. A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e inclúe catro accións formativas que se impartirán entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo.
As sesións terán lugar de luns a xoves, en horario de 17:00 a 20:00 horas. A programación estrutúrase en catro semanas, cada unha centrada nunha temática específica relacionada co uso das tecnoloxías.
• Iniciación ao mundo dixital: do 23 ao 26 de febreiro
• A túa banca dixital. Compras seguras en liña: do 2 ao 5 de marzo
• Ocio dixital: apps para disfrutar: do 9 ao 12 de marzo
• Crea contido coa Intelixencia Artificial: do 16 ao 19 de marzo
O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, explica que “con esta oferta formativa pretendemos facilitar á cidadanía ferramentas prácticas para adaptarse á realidade dixital actual e reducir a fenda tecnolóxica”. Ademais, destaca que “se trata de cursos presenciais, gratuítos e adaptados a todos os niveis, co obxectivo de que ningunha persoa quede atrás no acceso ás novas tecnoloxías”.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do Concello de Burela, chamando ao 982 586 000 ou escribindo ao correo burela@burela.org.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



