Esta renovación converte o centro nun espazo museográfico de vangarda, listo para a súa reapertura
Navia, 9 de febreiro de 2026. O Concello de Navia vén de formalizar a recepción das obras de dixitalización, renovación e ampliación do Museo Historias do Mar de Puerto de Vega. A actuación, executada pola empresa PROA SUR S.L., conclúe dentro dos prazos previstos tras o peche das instalacións o pasado mes de novembro.
Cun investimento final de 146.550,93 €, o proxecto transformou o espazo museístico, actualizando o seu discurso expositivo e incorporando recursos interpretativos de última xeración. Esta renovación permite unha posta en valor máis completa, dinámica e innovadora do patrimonio mariñeiro do concello, combinando a tradición dos oficios do mar coas novas narrativas dixitais.
Desde o consistorio destácase que a culminación destes traballos supón un fito dentro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta iniciativa continúa impulsando a modernización dos activos culturais de Navia, garantindo que espazos tan emblemáticos como o de Puerto de Vega sigan a ser un referente de calidade e vangarda.
Tras a entrega oficial da obra no día de hoxe, o Concello procederá á posta a punto final dos sistemas dixitais para anunciar, de maneira inminente, a data de reapertura ao público.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



