O expediente inclúe os servizos de limpeza de 32 centros de saúde e 10 puntos de atención continuada da provincia de Lugo
Lugo, 9 de febreiro, 2026. O Consello da Xunta autorizou a licitación, por un importe de 4.643.855,35, dos servizos de limpeza, desinfección e xestión de residuos dun total de 42 centros de atención primaria da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
O contrato terá unha duración inicial de dous anos e prevese unha posible prórroga por 24 meses máis. Neste caso, o valor estimado do contrato ascenderá ata os 9.210.952,78 euros.
O expediente inclúe a limpeza dos centros de saúde de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Ourol, San Cibrao da Viñas, O Valadouro, Xove, Abadín, Baralla, O Incio, Láncara, Fingoi (Lugo), García Portela (Lugo), Illas Canarias (Lugo), Centro Integral de Saúde de Lugo, Praza Ferrol (Lugo), Sagrado Corazón (Lugo), San Roque (Lugo), Monterroso, Navia de Suarna, A Pastoriza, A Pontenova, Rábade, Riotorto, centro de saúde da Barrela, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.
Ademais, tamén prevé as tarefas de desinfección e xestión de residuos dos puntos de atención continuada de Mondoñedo, Ribadeo, A Fonsagrada, Viveiro, Guitiriz, Vilalba, Meira, Sarria, Chantada e Quiroga.
A superficie total destes centros sanitarios é de 46.610 metros cadrados, ademais de contar con preto de 11.000 metros cadrados de vidro. O contrato tamén inclúe a limpeza de paredes, linóleos e o mobiliario destas infraestruturas sanitarias.
O servizo integral de limpeza é unha das medidas máis eficientes á hora de romper e eliminar todas aquelas cadeas epidemiolóxicas que xorden das infeccións, virus e bacterias.
Así, estamos ante unha prestación imprescindible que ten como obxectivo proporcionarlles espazos limpos a usuarios e pacientes e ao persoal que traballa nos centros de atención primaria do Servizo Galego de Saúde.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



