O proxecto inclúe a mellora de 12 rúas, redes de pluviais e saneamento, abastecemento e nova sinalización horizontal
Viveiro, 10 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro presentou á Deputación de Lugo, no marco do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026, a solicitude de financiamento para a execución do Proxecto de reposición de pavimentos e servizos na zona de Covas.
O proxecto ten un custe total de 375.400,85 euros. Deste importe, o Concello solicita que a Deputación aporte 356.825,15 euros, mentres que os 18.575,70 euros restantes corresponderían á achega municipal.
As actuacións previstas en Covas inclúen a reposición de pavimento nas seguintes rúas e travesías: Travesía de Cantarrana, Travesía Pernas Peón, Rúa Vila de Ribadeo, Avenida de Vilalba, Rúa Vila de Mondoñedo, Rúa Cidade de Ortigueira, Rúa Otero Pedrayo, Rúa Celso Emilio Ferreiro, Rúa Pascual Veiga, Rúa Castelao, Rúa O Concello de Viveiro destinará fondos do Plan Deputación para levar a cabo actuacións en CovasAlexandre Bóveda e Rúa Cantarrana.
O proxecto contempla tamén a reposición da rede de pluviais e da rede de saneamento na Travesía de Cantarrana e na Travesía Pernas Peón, así como a reposición da rede de abastecemento de auga nun tramo da Avenida de Vilalba.
Ademais, prevese a disposición de nova sinalización horizontal en todas as rúas nas que se actúa, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a ordenación do tráfico.
Xunto a esta actuación, o Concello incluíu na solicitude do Plan Deputación 2026 unha axuda para administración electrónica por un importe total de 63.174,85 euros, dos que 43.174,85 euros serían con cargo á Deputación e o importe restante correspondería á achega municipal.
Por último, o Concello tamén incorporou a solicitude para o Servizo de Axuda no Fogar de libre concorrencia, cun custe de 300.000 euros, dos que 200.000 euros se solicitan á Deputación e 100.000 euros corresponden á achega municipal.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



