Pedro Blanco recoñece o novo impulso da presidenta, Carmela López, e garante que a Delegación do Goberno será unha aliada constante para seguir impulsando proxectos e oportunidades para Lugo
Lugo, 10 de febreiro de 2026.- O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe que “Lugo vive o seu mellor momento grazas ao compromiso sostido do Goberno de Pedro Sánchez”. Fíxoo logo dunha reunión de traballo coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, na que tamén participo a subdelegada do Goberno, Olimpia López. O delegado puxo en valor os máis de 1.400 millóns de euros en investimentos que o Goberno leva mobilizados na provincia nos últimos anos, con actuacións en infraestruturas, industria, vivenda, servizos públicos e cohesión territorial. “Estamos en cada concello, en cada parroquia, en cada comarca”, afirmou.
Así, destacou que “en tempos de ruído e confrontación interesada, a colaboración institucional é máis necesaria ca nunca”, subliñando que o encontro serviu para poñer o foco no rural, no reto demográfico e nas necesidades reais dunha provincia extensa e profundamente rural como Lugo. “Falamos de proxectos, si, pero sobre todo falamos de persoas, de concellos pequenos, de comarcas e de como garantir futuro e oportunidades vivas onde vivas”, asegurou o delegado, que reafirmou que “non hai cohesión territorial sen rural vivo, e non hai futuro para Lugo sen mellores infraestruturas, máis industria e un Estado do Benestar forte”.
Mellores infraestruturas
Nesta liña, Pedro Blanco puxo en valor os máis de 650 millóns de euros investidos en infraestruturas ferroviarias, co impulso da estación intermodal de Lugo, a modernización da liña con Ourense e a eliminación de pasos a nivel. “Nunca se fixo un esforzo tan grande polo ferrocarril que merecen os lucenses”, lembrou.
Tamén subliñou o esforzo en materia de infraestruturas viarias con especial mención á próxima finalización do último tramo da autovía Lugo–Santiago, que permitirá conectar ambas cidades en 50 minutos e vertebrar a Galicia interior. Desde a chegada de Pedro Sánchez, lembrou, púxose en servizo a metade desta infraestrutura, “un símbolo do paso do abandono ao compromiso”. Ademais, avanzou que o Goberno continuará mellorando a A-6, a A-8, a conexión con Ourense e a autovía da Mariña, xunto cun forte impulso á conservación da rede viaria, cun investimento de máis de 170 millóns de euros na provincia.
Unha industria máis forte
Pedro Blanco incidiu tamén no impacto do Plan de Recuperación na provincia, onde mobiliza 150 millóns, nunha gran parte dirixidos á reindustrialización de Lugo, con axudas directas a proxectos solventes, innovadores e axustados ás necesidades reais da industria. No marco destes fondos están programas como o Kit Dixital, que chegou xa a 25.000 pemes e autónomos da provincia.
Tanto o delegado como a presidenta da Deputación coincidiron en reclamar máis implicación por parte da Xunta de Galicia nesta materia, lembrando que a industria é competencia autonómica e Lugo necesita un goberno galego que crea no seu potencial e o impulse con decisión. Pola contra, o delegado destacou o papel da Deputación no despregamento de fondos europeos a través de iniciativas como o Centro de Innovación Territorial ou o Reto Rural Dixital.
Abordaron tamén as demandas do sector primario, piar económico e social de Lugo no que o Goberno inxectou máis de 40 millóns de euros nos últimos anos só en axudas extraordinarias, porque “o sector lácteo, o cárnico e o pesqueiro, con portos de referencia como o de Burela e Celeiro, saben que este Goberno está e vai seguir estando ao seu lado”.
Maior benestar e máis emprego
O delegado do Goberno puxo en valor o escudo social impulsado polo Goberno de Pedro Sánchez, que beneficia a máis de 113.000 pensionistas en Lugo que se benefician dunha suba media de 400 euros anuais desde 2018 na súa pensión. Subliñou tamén o impacto do Ingreso Mínimo Vital, que chega a máis de 6.000 fogares e da reforma laboral, que permitiu superar os 26.000 contratos indefinidos na provincia.
O delegado tamén puxo o foco no acceso á vivenda, sinalando que o prezo do alugueiro en Lugo medrou case o triplo que os salarios na última década e “non o podemos permitir”. Así, salientou que o Goberno está a despregar un financiamento récord para rehabilitación, vivenda pública, alugueiros asequibles e apoio ao rural e á mocidade e lembrou que xa se transferiron máis de 530 millóns de euros á Xunta, cos que se financian boa parte dos programas anunciados polo goberno galego.
O delegado tamén destacou o compromiso co turismo sustentable, con investimentos en destinos e infraestruturas como os paradores de Monforte e Vilalba. Reivindicou, ademais, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade como “un fito de país no que estamos a poñer todo o empeño desde o Goberno”.
Pedro Blanco agradeceu, por último, a Carmela López “o seu compromiso co territorio e o seu liderado” e asegurou que a Delegación do Goberno será unha aliada constante para seguir impulsando proxectos e oportunidades para Lugo. “Lugo non espera o seu momento, vive o seu mellor momento, e imos traballar xuntos para que siga sendo así”, concluíu.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



