Baleira, 10 de febreiro de 2026. O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na apertura da xornada Amas da Terra. Dinamización do talento e emprendemento feminino no rural, organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Fonsagrada en colaboración coa cociñeira Lucía Freitas. O encontro ten como obxectivo compartir iniciativas lideradas por mulleres que desenvolven o seu labor en ámbitos vinculados á alimentación e ao rural, así como explorar novos camiños para o impulso do desenvolvemento local.
Pablo Fernández destacou a capacidade do Polo para fortalecer o ecosistema emprendedor, xerando sinerxías e novas oportunidades ao conectar o talento local cos recursos do territorio. Subliñou tamén a importancia de iniciativas como esta, que poñen o foco no rural como un espazo cheo de posibilidades para as persoas emprendedoras. Ademais, puxo en valor o impacto do Polo da Fonsagrada, que desde a súa apertura atendeu xa preto de 190 proxectos emprendedores, máis da metade liderados por mulleres, en sectores como a hostalaría, o comercio, a agricultura ou a gandería. Lembrou que este é un dos cinco Polos activos na provincia, xunto cos de Friol, Monforte, Sarria e Mondoñedo, que no seu conxunto levan asesorado máis de 1.200 proxectos e contribuído á creación de máis de 90 empresas.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



