Ribadeo, 11 de febreiro, 2026. O BNG de Ribadeo fixo pública a súa preocupación polo mal estado do campo municipal Pepe Barrera, unha instalación clave para o fútbol base e para o Ribadeo FC. A formación nacionalista considera que o terreo de xogo presenta un deterioro evidente, consecuencia directa da falta dun mantemento profesional e periódico.
O concelleiro do BNG, Martín Graña, explica que as choivas persistentes dos últimos meses “afectan sempre aos campos naturais”, pero insiste en que isto non pode servir de escusa para a falta de previsión do goberno municipal. “É nestes momentos cando se nota a ausencia dun mantemento profesional que o PP decidiu deixar de contratar”, sinala.
Segundo o BNG, durante anos o Pepe Barrera contou cun plan de coidados especializado, con tratamentos fitosanitarios e abonados bimensuais realizados por unha empresa experta. “Non se pode pretender xestionar unha instalación destas características a base de parches. Sen medios técnicos nin persoal cualificado, o deterioro é inevitable”, afirma Graña. Lembra ademais que no anterior mandato se investiron 420.000 € na mellora do campo, situándoo entre os mellores da provincia.
A formación nacionalista subliña que o Pepe Barrera soporta un uso moi intensivo ao longo da tempada, polo que o seu deterioro afecta tanto á calidade da práctica deportiva como á seguridade das persoas usuarias. Graña critica tamén que, malia estar previstos 400.000 € para melloras deportivas en 2025, o goberno local restou case 140.000 € desa partida para outros gastos.
O BNG lembra que o pleno municipal aprobou unha moción para construír un novo campo de herba artificial no anexo do Pepe Barrera, un acordo que segue sen executarse. “Falamos dun compromiso democrático mentres as necesidades deportivas do concello non deixan de medrar”, apunta o concelleiro.
Por todo isto, o BNG esixe ao goberno municipal que recupere o mantemento profesional do Pepe Barrera e que dea pasos reais para facer efectiva a construción do novo campo comprometido. “Ribadeo merece instalacións deportivas dignas e unha xestión seria e planificada, non abandono nin promesas incumpridas”, conclúe Graña.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



