Xove, 11 de febreiro, 2025. O BNG de Xove valorou no Pleno municipal a liquidación do orzamento de 2025, que recolle oficialmente unha necesidade de financiamento de 2.256.244,88 €. Para a formación nacionalista, esta cifra confirma unha tendencia que xa se viña repetindo nos últimos anos, despois de que en 2024 o desequilibrio ascendese a 3.554.814,95 €.
Un orzamento “pouco realista”
Durante o debate plenario, o BNG lembrou que xa advertira en decembro de 2024 do escaso realismo do orzamento aprobado para 2025. “Ninguén quere verse nesta situación, e menos tendo en conta o que recolle a interventora sobre a peculiaridade do noso concello, pero as previsións debían axustarse á realidade”, sinalaron.
A formación recoñeceu que o apagamento industrial foi unha causa de forza maior, mais lembrou que a previsión era que as cubas arrancasen no primeiro trimestre e alcanzasen case a plena actividade en outubro. Isto implicaba unha recuperación progresiva, non inmediata. Ademais, pola forma en que ALCOA se dá de alta no IAE, non se recuperarían cifras previas a 2023 ata o último trimestre.
A pesar diso, o orzamento elaborouse contando con 3 millóns de euros en ingresos industriais, cando nos exercicios anteriores as cifras reais foron de 17.000 € e 200.000 € aproximadamente. Para o BNG, isto supón “trasladar unha imaxe de normalidade que non se corresponde coa situación real”.
Case 11 millóns de remanente gastados en tres anos
O BNG tamén chamou a atención sobre a evolución do remanente de tesourería. Dos case 19 millóns existentes en 2023, quedan hoxe arredor de 8,5 millóns dispoñibles.
“Non é que non queiramos que se utilicen eses fondos, pero entre tanto parche e modificación de crédito, hai grandes infraestruturas —como a mellora da rede de abastecemento— que seguen sen acometerse. Os servizos deste concello son o orgullo de todos, pero iso non xustifica as trampas ao solitario que fai o equipo de goberno”, afirmaron.
Sen Plan Económico-Financeiro
Outro dos puntos destacados polo BNG foi a decisión de non elaborar o Plan Económico-Financeiro, a pesar da situación de inestabilidade orzamentaria. Segundo explicaron, a única indicación recibida desde a administración de Facenda da Xunta foi un “ti vai facendo” en galego.
O BNG agarda que esta interpretación se aplique “con igualdade a todos os concellos, e non só a aqueles gobernados polo Partido Popular”.
Chamamento á responsabilidade
Desde o BNG de Xove esperan que o equipo de goberno “saiba encarar esta situación con responsabilidade e acerto”, pois consideran que é o mellor para o conxunto da veciñanza e para o futuro do Concello.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



