Ameijide recorda á presidenta que ten unha longa lista de tarefas pendentes sobre a mesa, como traballar no equipamento e apertura da residencia comarcal de Becerreá, “nas mesmas condicións que o resto de centros da rede”; ou acadar a igualdade para todos os veciños da provincia, independentemente do municipio no que residan, “algo que semella complicado xa que na xunta de goberno de hoxe repartirán os primeiros convenios a dedo con alcaldes afíns, seguindo o modelo marcado por José Tomé”
Lugo, 13 de febreiro de 2026. A piques de cumprirse un mes dende que tomou posesión coma nova presidenta da Deputación, Carmela López, aínda non deu conta “das liñas mestras” que se supoñen rexeran o seu mandato xa que “o único que vimos ata agora foi diversos tours por dependencias provincias para coñecelas, algo que xa debería ter feito xa que leva varios anos coma deputada provincial”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, amosa a súa preocupación tras “un mes perdido” e, sobre todo, tralas declaracións realizadas por Carmela López nunha entrevista nun medio de comunicación, na que asegurou que dirixirá a entidade provincial do mesmo xeito que vén xestionando o Concello de Burela, do que é alcaldesa.
“Esta reflexión déixanos moi preocupados, xa que como alcaldesa é a responsable de que Cervo, Xove e Burela perderan un obradoiro de emprego porque Carmela López foi incapaz de presentar en tempo e forma a conta xeral”, sinalou.
A realidade é que a súa falta de dilixencia á fronte do Concello de Burela tivo consecuencias negativas para varios municipios da comarca xa que “neste mes que leva á fronte da Deputación o seu único cometido foi facer unha publicación diaria nas redes sociais”.
Ameijide afirma que “a súa falta de dilixencia á fronte do Concello de Burela supuxo a perda dunha oportunidade de formación e inserción laboral para persoas desempregadas da zona, evidenciando unha preocupante falta de planificación e responsabilidade administrativa”.
“A presidencia da Deputación de Lugo require rigor, compromiso e cumprimento da legalidade, especialmente cando están en xogo recursos e oportunidades para a veciñanza”, sinalou.
Neste senso, Ameijide recorda á presidenta que ten unha longa lista de tarefas pendentes sobre a mesa da presidencia, como traballar no equipamento e apertura da residencia comarcal de Becerreá, “nas mesmas condicións que o resto de centros da rede”; acadar a igualdade para todos os veciños da provincia, independentemente do municipio no que residan, “algo que semella complicado xa que na xunta de goberno de hoxe repartirán os primeiros convenios a dedo con alcaldes afíns, seguindo o modelo marcado por José Tomé”; ou mantemento de estradas provinciais, entre outras.
“Carmela López xa tivo varias ocasións de desmarcarse do legado de Tomé, pero semella que o único que lle preocupa e deixar o mando ao presidente na sombra, mentres ela segue a buscar fotos para publicar nas redes sociais”, lamentou, instando á presidenta da Deputación a “deixar atrás ese pasado que non queremos recordar na provincia e que traballe polos lucenses que levan dúas décadas vendo como a Deputación de Lugo os abandonou”.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



