Nota de orensa
NNXX de Lugo reforza a súa estrutura coa constitución de dúas novas xuntas locais
* Mañá constitúese a xestora de Trabada e o sábado a de Lourenzá
* Ademais, o sábado os afiliados de Novas Xeracións da provincia celebrarán en Lugo a cea de Nadal
Lugo, 16 de decembro 2010.- Novas Xeracións da Provincia de Lugo continúa a reforzar a súa estrutura, como leva facendo dende o congreso celebrado en setembro, coa constitución de dúas novas xuntas locais. Mañá celebrarase no concello de Trabada a presentación da executiva local de NNXX, coincidindo coa cea do partido local. Así mesmo, o sábado, en Lourenzá, varios mozos da localidade tamén asumirán a responsabilidade de conducir a actividade da agrupación político xuvenil na localidade.
Con estas constitucións agrupación politica vinculada ao Partido Popular continúa co seu propósito de que NNXX estea presente nos 67 concellos da provincia de Lugo, tal e como o anunciara o seu presidente, Daniel Vega, no congreso provincial celebrado en setembro. Durante estes meses, puxéronse en funcionamento ou renováronse xestoras locais en varios concellos da provincia. Entre eles, atópanse Foz, Viveiro, Burela, Cervo, Ribadeo, Baralla, Becerreá, Monforte de Lemos e Lugo cidade.
Ademais, os afiliados de Novas Xeracións da provincia celebrarán a súa cea de Nadal este sábado na cidade de Lugo.

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



