Este mes de febreiro, concretamente o próximo luns 23, celebramos o día de Rosalía de Castro. E ese día cumpriranse os 189 anos do seu nacemento. Unha data que vimos celebrando ano tras ano con múltiples actos e actividades espalladas por todo o país. Unha clara mostra de que a súa figura está máis viva ca nunca e convertida xa nun símbolo atemporal da nosa cultura. En definitiva, esta ampla e continuada celebración semella a forma mais acaída para manifestar o recoñecemento máis franco á nosa escritora nacional, porque con ela, como nos di o profesor Anxo Angueira, naceu un horizonte de esperanza e dignidade para Galiza e para a súa cultura e a súa lingua.
Pero a importancia de Rosalía transcende o eido literario e vai moito máis aló da escritora que liderou o rexurdimento das nosas letras elevando o noso idioma a instrumento de cultura.
Porque tamén cómpre recoñecerlle a sus valentía como muller para desafiar o seu tempo e comprometerse de cheo coa dignificación dun idioma, o galego, no que falaba a maioría do noso pobo formado, en gran parte, por xente probe e humilde.
Un feito que nos corrobora Álvaro Cunqueiro cando afirma que o noso idioma, dende finais da Idade Media ata ben entrado o século XX era unha lingua de poetas e de probes.
Mais haberá que esperar á segunda metade do século XIX para que estas dúas realidades das que nos falan Cunqueiro acaden, na obra poética de Rosalía, a súa plena conxunción. Unha obra, que entre outra cousas, acabou sendo o reflexo dun pobo secularmente humillado e frustrado na súa realización histórica.
E desta situación de inxustiza e desamparo en que vivía a maioría da nosa xente emerxerá en Rosalía un profundo sentimento de tristura e de dor que atravesará toda a súa obra poética, chegando a súa máxima expresión no seu poemario de Follas novas.
Pero Rosalía, ademais de ser ese eco de ” fondo penar” da xente da xente probe e humilde, tamén sería expresión de rebeldía e feminismo ademais dun pleno compromiso coa dignificación do seu pobo, da súa cultura e da súa lingua.
Enfín, toda unha mostra da súa grandeza espiritual e de lealdade co seu pobo, que ano tras ano lle recoñecemos lembrando e homenaxeando a súa inmensa figura, tanto humana como literaria.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



