Burela, 22 de febreiro, 2026. O partido comezou cun ritmo altísimo e co Móstoles buscando porta desde o primeiro instante. No minuto 2 chegou o primeiro aviso: disparo de Cris Blanco que se foi por riba do traveseiro. No mesmo minuto, Ana Eliza tivo que intervir para despexar e, acto seguido, Nere Moldes rozou o gol tras un roubo en cancha burelense. Lara tamén probou fortuna, pero Silvia García enviou o balón a córner.
No minuto 5, Ana Eliza realizou un paradón tras unha triangulación entre Montufo e Irene García, que rematou a porta. Con todo, o 1-0 non tardou en chegar: Irene García aproveitou un rebote no traveseiro tras un disparo de Claudia para adiantar ás locais. No minuto 8, a porteira brasileira volveu lucirse cunha gran intervención a unha volea da propia Irene.
O Burela respondeu cunha ocasión clarísima de Irene, asistida por Laura Barranco, pero Silvia García evitou o empate. No minuto 9 chegou o 2-0, obra de Clau Gómez, que fusilou a portería tras combinar con Benete.
As mariñás buscaron recortar distancias: Marina obrigou a intervir á porteira local no 14 e Cris Blanco probou desde a banda, pero sen acerto. A cinco minutos do descanso, por fin chegou o 2-1: unha xogada brillante entre Macarena e Laura Barranco, que culminou cun remate perfecto da xienense tras unha diagonal desde case a súa propia área.
O tramo final da primeira parte foi un intercambio de ocasións. Silvia García evitou o empate nun disparo de Sandra, e o Móstoles xerou ata catro oportunidades no último minuto, sen lograr ampliar a vantaxe.
Segunda parte
O Burela saíu co mesmo quinteto e Ana Eliza volveu ser decisiva no minuto 21, detendo un remate de tacón espectacular de Nere Moldes. Os primeiros minutos foron equilibrados, co Burela mantendo máis posesión e reducindo as chegadas locais.
Porén, no 26 chegou o 3-1: unha diagonal perfecta de Miriam Serrano a Benete, que definiu con precisión. No 27, Irene buscou a escuadra nunha falta e, pouco despois, Clau Gómez fixo o 4-1 recibindo de costas un pase de Piti.
O Burela apostou polo xogo de cinco con Irene como porteira-xogadora, pero o Móstoles castigou: Nere Moldes marcou o 5-1 desde a súa propia portería. Con Lara vestindo a elástica azul, Cris Blanco obrigou a outra boa intervención de Silvia, e Laura Barranco estivo a piques de marcar nunha acción individual pola banda.
Lara recortou distancias no 31 cun bo pase interior de Sandra (5-2), pero o Móstoles respondeu de inmediato: Claudia fixo o 6-2 nunha contra e Silvia García anotou o 7-2 cun saque directo aproveitando a portería baleira.
O Burela mantivo o xogo de cinco e estivo preto de marcar nunha xogada ensaiada que saíu á perfección. As mariñás tamén defenderon con moito mérito unha contra que puido ser o oitavo. No 36, Claudia executou unha falta perigosísima, pero Gabi salvou baixo paus. Xa no último minuto, Laura Barranco buscou o segundo pau, aínda que Sandra non chegou ao remate.
Ficha Técnica MRB Móstoles FSF 7-2 Reyco Burela FS
MRB Móstoles FSF (7): Silvia García; Nere Moldes, Benete (C), Clau Gómez, Piti –quinteto inicial-, Irene García, Claudia, Miriam Serrano, Montufo, Iza Tracz, Brandolini.
Reyco Burela FS (2): Ana Eliza; Cris Blanco, Sandra, Lara, Irene -quinteto inicial-, Silvia Rubal (C), Gabi, Laura Barranco, Macarena, Lari, Marina, Lola Muñoz (P).
Goles: 1-0, min. 5: Irene García. 2-0, min. 9: Clau Gómez. 2-1, min. 16: Laura Barranco. 3-1, min. 26: Benete. 4-1, min. 28: Clau Gómez. 5-1, min. 28: Nere Moldes. 5-2, min. 31: Lara. 6-2, min. 32: Claudia. 7-2, min. 33: Silvia García Milla.
Árbitros: Georgiana Alina Bancu // Cristian Cubero // Ricardo José Alegría. Por parte do Móstoles veu tarxeta amarela Clau Gómez (26’). Por parte do Reyco Burela, Sandra (10’) e Marina (14’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón Eva Manguán.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



