A actuación, valorada en 233.947 euros e solicitada ao Plan Deputación, abrangue un tramo de 1.315 metros cadrados entre a rúa das Flores e a rúa Celso Emilio Ferreiro
Burela, 24 de febreiro de 2026. O Concello de Burela prevé acometer a reforma das beirarrúas da avenida Arcadio Pardiñas a través dunha actuación solicitada ao Plan Deputación e valorada en 233.947 euros. A intervención céntrase na mellora da accesibilidade, da mobilidade peonil e da calidade do espazo público nunha das principais vías do núcleo urbano.
O proxecto contempla a renovación da zona destinada ao tránsito peonil no tramo comprendido entre a rúa das Flores e a rúa Celso Emilio Ferreiro, cun ámbito de actuación de 1.315 metros cadrados.
A intervención ten como obxectivo principal mellorar as condicións de accesibilidade existentes, especialmente nos cruces peonís. Para iso prevese actuar nos cinco pasos de peóns incluídos no ámbito mediante a execución e ampliación das denominadas “orellas”, co fin de priorizar o tránsito peonil e facilitar cruzamentos máis seguros. Ademais, instalarase pavimento podotáctil conforme á normativa vixente e adaptaranse pendentes e accesos para eliminar barreiras arquitectónicas detectadas na situación actual.
A actuación inclúe tamén a renovación completa do pavimento das beirarrúas, actualmente en estado deficiente de conservación, substituíndoo por novas plaquetas de formigón similares ás empregadas noutras intervencións recentes no casco urbano, co obxectivo de acadar unha imaxe máis uniforme das rúas de Burela.
O proxecto contempla igualmente a creación de seis zonas de estancia e relación diferenciadas das áreas de tránsito, dotadas de mobiliario urbano e pavimentadas con lastra de granito para favorecer a permanencia e o uso social do espazo público.
No relativo ao arborado, prevese actuar sobre aqueles exemplares que interfiren coa iluminación pública ou dificultan a accesibilidade, mantendo os que presentan condicións axeitadas e incorporando a plantación dun novo exemplar. Ademais, realizaranse actuacións puntuais nas instalacións existentes para adaptalas á nova configuración das beirarrúas.
As obras executaranse por fases co obxectivo de garantir en todo momento o acceso ás vivendas e establecementos, cun prazo estimado de execución de catro meses dende a sinatura da Acta de Replanteo.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, sinalou que esta intervención pretende “cambiar a forma de vivir a rúa”, apostando por un espazo máis accesible e pensado para as persoas. Segundo indicou, a avenida Arcadio Pardiñas constitúe un eixo social e económico da vila, polo que a actuación busca reforzar o seu papel como zona de paseo, actividade comercial e entrada principal ao municipio, contribuíndo tamén a proxectar unha imaxe “moderna, ordenada e coidada” de Burela.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


