O voceiro popular denunciou a parálise de PSOE e BNG en materia turística, ao confirmar Pilar García Porto que continúan asistindo ás mesmas feiras de sempre, mantendo as mesmas iniciativas de hai dúas décadas e sen introducir ningunha medida innovadora que permita posicionar a provincia de Lugo como referente turístico
Lugo, 27 de febreiro de 2026. Os representantes do Grupo Provincial Popular no Consello Provincial de Turismo, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, lamentaron que “unha vez máis, PSOE e BNG negáronse a impulsar os premios de Turismo, dando incentivos ás candidaturas, como facilitar a participación dos gañadores en feiras internacionais ou potenciar a súa imaxe dende a Deputación”.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, afirma que “ante esta negativa, quedou, unha vez máis, en evidencia a absoluta falta de ambición, innovación e compromiso co turismo por parte do PSOE e do BNG”.
Antonio Ameijide lamentou que se rexeitas a proposta de incentivar e reforzar os premios de excelencia turística da provincia, uns galardóns que ano tras ano apenas contan con participación, recordando como hai poucos anos varias categorías quedaron desertas.
“A nosa proposta era clara: dotar estes premios de contido real e atractivo, ofrecendo ás iniciativas gañadoras difusión efectiva, promoción nas feiras internacionais ás que asiste a Deputación e apoio institucional máis alá dun simple diploma e unha peza de artesanía”, explicou.
Pola contra, a resposta do PSOE, segundo o explicado por Pilar García Porto, foi seguir facendo exactamente o mesmo que hai vinte anos.
Durante a xuntanza de hoxe do Consello de Turismo, Pilar García Porto, responsable da área de Turismo, confirmou que continúan asistindo ás mesmas feiras de sempre, mantendo as mesmas iniciativas de hai dúas décadas e sen introducir ningunha medida innovadora que permita posicionar a provincia de Lugo como referente turístico.
Neste senso, Antonio Ameijide explica que “o que hoxe presentaron como un gran éxito non é máis que a reapertura de iniciativas turísticas que foron impulsadas hai trinta anos polo Partido Popular, baixo a presidencia de Francisco Cacharro Pardo, e que funcionaron con éxito ata que o PSOE chegou á Deputación e decidiu pechalas hai vinte anos”, como pode ser o caso do complexo de Augas Mestas.
O mesmo ocorre cos catamaráns turísticos, postos en funcionamento durante os gobernos do Partido Popular na institución provincial, que continúan a ser un referente e un éxito de visitantes, exactamente igual que o foron desde a súa creación. “En 20 anos de bigoberno socialista e nacionalista na Deputación, non foron quen de impulsar ningunha iniciativa transformadora en materia turística”, criticou.
AUSENCIA DO BNG
En canto ao BNG, a súa actitude resulta aínda máis preocupante, xa que nin sequera asistiron ao Consello de Turismo, “demostrando unha vez máis o seu desinterese absoluto por un sector clave para o desenvolvemento económico da nosa provincia”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



